MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— XIX — Introdución cesaria, conseguiuse financiamento específico a tra- vés do convenio do Campus Industrial, co obxectivo de preparar unha futura avaliación de centro singu- lar na área de industria intelixente ligada ao Campus Industrial de Ferrol. O número de proxectos de in- vestigación do CIT pasou de 11 a 33 . Este aumento non se reflicte en número de contratos debido en gran parte a que varios dos grupos do CIT colabo- ran coa Unidade Mixta de Investigación con Navan- tia e suman os contratos a esa agrupación. n Axudas Beatriz Galindo Na primeira convocatoria das axudas ministeriais Beatriz Galindo –para atraer talento investigador que realizou parte da formación non estranxeiro– a UDC conseguiu catro das cinco solicitudes pre- sentadas seguindo a proposta consensuada na xuntanza da Comisión de Investigación. Prestouse especial atencion as propostas que contribúen a consolidar os novos campus especializados. O éxito nesta convocatoria posicionou a UDC no primeiro posto das universidades españolas, xa que só tres delas chegamos a catro das cinco prazas que se po- dían solicitar. n Cátedras institucionais Asináronse tres novas cátedras ligadas á Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia que veñen a incrementar a necesaria colaboración coas empresas: A c átedra R en Ciberseguridade logo dun convenio entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a empresa de telecomu- nicacións R; a Cátedra SXD Galicia Activa entre a UDC e a Fundación Deporte Galego; e a Cátedra Handytronic-Telecon , entre a UDC e Telecon. n Orzamento e liquidación Seguindo as pautas aprobadas polo Claustro, traba- llamos en 2018 cun orzamento de 123,30 millóns de euros, unha cantidade que supón un incremento de 3,85 millóns (3,22%) sobre o orzamento de 2017. A compoñente de financiamento máis importante corresponde ás achegas por transferencias corren- tes, o que supón un 74,65% no ano 2018, fronte a un 72,56% en 2017. As taxas académicas representan un ingreso tamén importante (13,52%). As transfe- rencias de capital alcanzan un 11,10% e diminúen lixeiramente con respecto ao ano anterior. Polo que respecta aos gastos, o orzamento respon- de, como en anos anteriores, aos compromisos de mantemento de persoal e tratamento preferente ás bolsas. O gasto en bens e servizos subiu un 7,56%, ao igual que as transferencias correntes, que au- mentaron un 66,54%. O investimento diminúe un 9,78% ao pasar de 11,058 millóns de euros en 2017 a 9,97 millóns de euros en 2018. Porén, o escenario mellora ao longo do ano xa que había convenios que finalizaban en 2017 pero re- nováronse ao longo do ano 2018, como sucede cos convenios de especialización dos campus. Canto á liquidación de 2017 , cómpre salientar que se produciu un incremento moi notable nas trans- ferencia correntes (algo máis de catro millóns), de- rivado do fallo da sentenza en que se recoñeceu o infrafinanciamento estrutural da UDC. Nas transfe- rencias de capital rexistrouse tamén un forte incre- mento, por mor do crédito incorporado proceden- te do exercicio anterior e pola captación de novos proxectos e convenios de investigación. No caso dos gastos, a estimación tamén foi boa, posto que os gastos do capítulo de persoal e gas- tos correntes aproximáronse ás estimacións feitas a principio de exercicio, cando non estaba introduci- do o incremento retributivo. A diferenza importante nos investimentos reais débese ao mencionado in- cremento de ingresos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==