MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— XX — memoria 2018 O resultado orzamentario de 2017 indica un superá- vit de 4,74 millóns de euros . Xa que logo, hai unha mellora positiva con respecto aos anos anteriores, en que se rexistraba déficit. Polo tanto, hai unha me- llora notable (superávit do 4,0%) con respecto aos anos anteriores. De acordo coa liquidación efectua- da, o remanente non afectado de tesouraría pa- sou a situarse en 0,47 millóns . n Eficiencia enerxética Temos implantados dous programas importantes de aforro: un de compra centralizada e outro de eficiencia enerxética, que abarca o consumo de enerxía eléctrica, gas e combustibles. Refórzase cun programa de educación para a sustentabilidade xestionado pola Oficina de Medio Ambiente. Ademais da compra centralizada de combustibles e gas, imos avanzar na xestión da compra ou ad- quisición de bens por medio da adhesión á compra centralizada e acordos marco. Este ano fíxose a pri- meira compra a través deste procedemento, o que supuxo, ademais da redución do custo económico, unha redución dos custos de tempo e administrati- vos que implica a licitación. A compra centralizada de enerxía eléctrica está a dar moi bos resultados. En 2018 permitiu un aforro acumulado de 120.000 euros. Na actualidade, es- tase a aplicar en tres centros: Filoloxía, Informática e o Edificio de Servizos Centrais de Investigación. Adicionalmente, preténdese avanzar na adhesión á rede Redexga no resto de centros, o cal pode supo- ñer un aforro anual de 125.000€. n Persoal docente e investigador As políticas de acceso e promoción do PDI segui- ron na relativa normalización iniciada en 2017, ben que seguen condicionadas por un marco normativo e económico restritivo. Os orzamentos do Estado permitiron de novo engadir as prazas en excedencia sen reserva de posto de traballo que se producen cando cada promoción é efectiva, polo que a Ofer- ta de Emprego Público do persoal docente e inves- tigador da UDC se ampliou a 56 prazas (43 prazas no ano 2017). Tres delas corresponden á cesión de taxa de reposición do Sergas para a convocatoria de prazas de titular de universidade vinculadas por primeira vez nos rexistros da nosa Universidade. Negociadas e acordadas cos órganos de representa- ción do PDI e no Consello de Goberno, destináron- se dez prazas de profesor/a contratado/a doutor/a á estabilización de profesorado axudante doutor que rematou contrato en 2018. Outras vinte prazas des- tináronse a promocionar contratados doutores a ti- tulares de universidade. En aplicación da lexislación estatal reserváronse cinco prazas (unha de contrata- do doutor e catro de titular) para incorporar persoal investigador do programa Ramón y Cajal. Convocáronse 23 prazas de catedrático/a de uni- versidade para o profesorado acreditado. A estas convocatorias presentouse máis dun cento de do- centes. A data de acreditación do último profesor admitido chegou ata setembro de 2013, no caso dos titulares, e a febreiro de 2015, no das cátedras. Esta progresión permite prever a cobertura de to- das as acreditacións nun horizonte de dous anos. Xunto cos condicionamentos legais, outros facto- res como o incremento de trienios, quinquenios e sexenios levan o capítulo I ao límite de custos de persoal que fixan as leis de orzamentos para a UDC. Os recursos para estes conceptos e para manter as figuras recollidas no convenio colectivo son moi li- mitados. Esas limitacións condicionan a contratación de novo persoal, co conseguinte escenario de falta de re- novación e de inestabilidade para os proxectos educativos, de investigación ou de transferencia á

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==