MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— XXI — Introdución sociedade dos seus resultados, que tanto preocu- pan a toda a comunidade universitaria. Os nosos esforzos céntranse en minimizar os efectos ne- gativos mantendo estable o número de efectivos, priorizando a estabilización de profesores e inves- tigadores que se estiveron formando con éxito na nosa universidade e maximizando as posibilidades de promoción despois do bloqueo imposto entre os anos 2012 e 2016. A Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Do- cente xestionou a convocatoria de 51 concursos para profesorado asociado ou contratado interino de substitución e mantivo o programa para transfor- mar prazas de contratados/as interinos/as de subs- titución noutras de profesorado axudante doutor. Nomeamos dous profesores eméritos e seis hono- rarios. Quero lembrar que o Consello de Goberno de ou- tubro aprobou un novo programa de captación e estabilización de talento no que se reservan para este fin cinco prazas da OEP de 2019. Pretendemos fomentar a participación en programas específicos de captación de talento de alto nivel competitivo tanto no ámbito estatal como no europeo, así como no noso programa de captación de talento InTalent . n Universidade Sénior A Universidade Sénior segue na súa dinámica de crecemento nas dúas sedes da Coruña e Ferrol. A matrícula oscila arredor do milleiro de estudantes, dos que un 74% son mulleres e un 64% son maiores de 65 anos. O plan de estudos incrementou a oferta formativa ata chegar á situación actual, con 21 ma- terias no campus da Coruña e 17 no de Ferrol, máis 10 obradoiros entre os dous campus. Ademais da mellora académica, a Sénior, dependente da Vice- rreitoría de Oferta Académica e Innovación Docen- te, fomenta a oferta social e cultural, en paralelo ao plan de estudos, cun amplo número de actividades complementarias: seminarios temáticos sobre litera- tura, historia e saúde, xornadas, conferencias, visitas académicas e outras actividades culturais. En 2018 púxose en marcha o Proxecto de Demo- cratización do Coñecemento, financiado pola Con- sellería de Política Social e pola Deputación da Coruña. O seu obxectivo é facilitarlles o acceso á universidade aos maiores de 50 anos do ámbito ru- ral. Desenvolveuse en dúas xornadas na Costa da Morte e Betanzos e nel participou máis dun cento de persoas. Ao mesmo tempo, seguiuse a potenciar a presenza da Sénior en distintos foros de ámbito nacional e internacional, así como os intercambios con universidades españolas e estranxeiras. Canto a proxectos internacionais, no marco do pro- grama Erasmus, continuouse coa participación no proxecto KA104 “TIC Tac +55” de mobilidade do profesorado, iniciouse a execución do proxecto KA204 “IDEMASAP 50+” (unha asociación estra- téxica con socios en Eslovaquia, Polonia, Repúbli- ca Checa e Portugal) e participouse na TCA “Eu- ropean Cultural Heritage”. A Universidade Sénior tamén participou na creación da Rede Mundial de Proxectos Educativos para S é niors (RIPE +50) en Compostela. Finalmente, celebráronse na Coruña os 15 anos de Internacionalización, Movilidad e Innovación na Uni- versidade Sénior e o International Meeting “Lear- ning without borders” , ao que asistiron máis de 100 participantes de distintos países. n Comunicación Ao longo do ano, o Gabinete de Comunicación di- fundiu 322 notas de prensa coa información rele- vante da UDC. Ademais de achegárllelos á prensa, radio e televisión, os comunicados sóbense á páxina web corporativa e aos sitios institucionais de Face- book e Twitter.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==