MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— XXII — memoria 2018 No Facebook a páxina de UDC acadou máis de 19.000 “gústame”, cun importante incremento de case 4.000 a respecto do ano anterior. No Twitter a conta da UDC ten 31.505 seguidores, máis da cuarta parte deles incorporados en 2018. A nosa presenza nas redes sociais experimentou un forte aumento ao longo do ano, tanto polo núme- ro de publicacións como pola resposta e o número de persoas que interactúan coa UDC. Nesa liña, en abril organizouse unha nova xornada (a terceira) de xestores de redes sociais, destinada ao persoal da nosa universidade que xestiona contas institucionais nas redes. n Captación de alumnado As redes son tamén fundamentais para captar novo alumnado. Ao longo da primavera desenvolveuse a campaña publicitaria “ Son o que quero ser ”. A nivel xeral, estamos satisfeitos, porque as cifras de impresións e de clics son moi elevadas, tanto nas campañas de busca como as de display, que suman máis de 20.000 clics en Google, como no marketing en Facebook e en Instagram. Nestas redes os anun- cios visualizáronse máis de dous millóns de veces e alcanzaron a 171.584 persoas. Co mesmo obxectivo de difundir a nosa oferta aca- démica entre o estudantado de secundaria, a Vice- rreitoría de Estudantes coordinou a campaña Visita o teu campus , que trouxo aos nosos centros máis de 2.500 alumnos e alumnas de colexios e institutos para recibiren información sobre carreiras e saídas profesionais relacionadas coas titulacións que impar- timos. De igual xeito, en dous anos duplicamos as visitas aos centros, que xa chegaron a 81 en 2018. n Publicacións O Servizo de Publicacións enriqueceu o seu catálo- go con 18 novos volumes. Actualizouse de novo a plataforma de xestión de revistas dixitais á versión 3.1.1.4 . Neste momento están na plataforma OJS3 dezasete das dezaoito revistas da Universidade e quince delas reciben DOI. Así mesmo, estamos a incorporar os históricos das nosas revistas que viñan publicándose en sopor- te papel ou en sitios web. Incrementouse de xeito considerable a publicación, sobre todo, de libros de actos e de cursos e congresos en formato electró- nico, dispoñibles para investigadores, estudantes e profesionais no noso repositorio oficial. n Empregabilidade Mantemos dúas accións dirixidas ao desenvolvemen- to de competencias para a mellora da empregabilida- de e o emprendemento dos nosos egresados e egre- sadas. Son os programas Mellora da Empregabilidade e Explorer . Este ano engadímoslle a primeira edición do Foro Avanza, que vai nesa mesma dirección. Neste foro participaron xestores de recursos hu- manos de diferentes empresas para explicarlle ao alumnado as habilidades profesionais e persoais máis valoradas para acceder ao mercado de traba- llo. Empresarios exitosos compartiron experiencias cos participantes para darlles a coñecer vantaxes e desvantaxes do acceso ao emprego a través do tra- ballo por conta propia. n Cultura e divulgación científica O profesorado da UDC impartiu un total de 76 conferencias dentro do noso programa de charlas de divulgación científica, que está moi orientado a promover a comunicación científica nos centros de ensino secundario e de bacharelato de toda Galicia. A Área de Cultura ofertou un amplo programa cul- tural, tanto na Coruña como en Ferrol, cun total de 28 obradoiros cuadrimestrais, 13 actuacións da Aula

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==