MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— XXIII — Introdución de Danza e sete exposicións. En Normal fixéronse as reformas necesarias para crear a Aula de Cinema . n Deportes Os nosos deportistas obtiveron magníficos resulta- dos nos campionatos de España universitarios, ao se facer con trece medallas, cinco delas de ouro nas modalidades de judo (2), taekwondo, halterofilia e vela. O galardón da décima convocatoria dos Premios UDC de Deportes recaeu en 2018 en Juan Carlos Suárez Castelo, técnico do equipo San Sadurniño, único club galego que está presente na elite do vo- leibol masculino. n Bolsas Seguimos a política de mantemento das axudas e bolsas para estudantes dándolles un trato preferen- te coa idea de minorar os efectos da redución de axudas públicas para o acceso en igualdade de con- dicións á Universidade. Así, mantívose o número de bolsas de colaboración para formación complementaria, de colaboración en departamentos, bolsas UDC-Santander para mestrado, axudas para transporte urbano, axudas a estudantes con dificultades económicas sobrevidas e axudas para aloxamento e para os programas de actividades estudiantís. Abríuse unha nova liña de axudas para comedor. n Medio ambiente A Oficina de Medio Ambiente, adscrita á Vicerreito- ría de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade, desenvolve un programa de compostaxe dos resi- duos orgánicos, que está instaurado nos comedores económicos das facultades de Ciencias, Ciencias da Educación, Informática e Ciencias da Saúde, nas ETS de Arquitectura e de Camiños e na EU de Arquitec- tura Técnica. Este ano púxose en marcha unha nova área de compostaxe en Bastiagueiro, asociada ao comedor da Facultade de CC do Deporte. Para a xestión das áreas de compostaxe asinouse un con- trato coa ONG Ecos do Sur, entidade que promove a integración de colectivos en risco de exclusión. Neste apartado, quero salientar, por último que as facultades de Socioloxía e Ciencias da Comunica- ción incorporáronse ao programa Green Campus e que a UDC xa conta con cinco centros que locen a bandeira verde . O programa desenvólvese noutros seis centros do campus da Coruña e en todos os de Ferrol. Este esforzo pola protección do medio ambiente vese reflectido no ránking internacional GreenMe- tric, que na edición de 2018 situou a nosa Univer- sidade no posto 93 entre 719 universidades de 81 países de todo o mundo. n Igualdade de xénero Nun ano particularmente intenso na reivindicación de igualdade real, a Oficina de Igualdade de Xéne- ro, dependente da Vicerreitoría de Ferrol e Respon- sabilidade Social, organizou distintas actividades: –– “Microcharlas” de investigadoras e alumnas da UDC na Coruña e en Ferrol con motivo do Día In- ternacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. –– Concentración diante da Vicerreitoría de Ferrol e lectura dun manifesto pola igualdade de xénero, con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres. –– Homenaxe a Concepción Arenal e “bautizo” do salón de actos da Vicerreitoría co nome da pre- cursora ferrolá. –– Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, lectura dun mani-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==