MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO

— XXIV — memoria 2018 festo da Rede de Unidades de Igualdade para a Ex- celencia Universitaria, da que forma parte a UDC. –– Organización do 11º Encontro de Unidades de Igualdade das Universidades Españolas, que se desenvolveu en Ferrol os días 24 e 25 de maio. –– Xornadas As Mulleres e o mar e Xornada Univer- sitaria Galega en Xénero. Transformando desde a Universidade . –– Creación da Rede de Docencia e Investigación con Perspectiva de Xénero. –– Curso Docencia desde a perspectiva de xénero par detectar e analizar nesgos de xénero en dis- tintos contextos da función docente. –– Convocatoria da sexta edición do Premio Ángeles Alvariño para traballos de fin de grao e mestrado con perspectiva de xénero. Así mesmo, a Oficina, a través do protocolo para a prevención e protección fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo, desenvolveu diversas ac- cións formativas (en colaboración co CUFIE) e resol- veu algunhas denuncias sobre acoso sexual. n Centro de Estudos de Xénero e Feministas –– O Centro de Estudos de Xénero e Feministas asinou un convenio co Concello da Coruña para investigar as desigualdades e diversidades que desembocan en colectivos sociais marcados pola precariedade e a vulnerabilidade, en particular no que atinxe á violencia contra as mulleres. –– Publicouse o terceiro volume da revista Atlánti- cas , número monográfico dedicado á prostitución. –– Sexta edición do Curso de Historia da Teoría Femi- nista, xornadas Tecendo en violeta unha xuventude feminista e ciclo de conferencias Feminismo a grolos . n UDC Saudable –– Participación da UDC no I Congreso da Red Espa- ñola de Universidades Saludables. –– Participación da UDC Saudable e da Unidade de Investigación e Promoción da Saúde no Programa de Cooperación Transfronteiriza POCTEP sobre promoción da saúde. –– Asesoramento e elaboración do Interreg Saúde Pro Galicia-Norte de Portugal sobre Hábitos, Ruti- nas e Estilos de Vida Saudable (co CICA) –– Participación no receitario da Red Española de Universidades Saludables. –– Avaliación e suxestións sobre un proxecto de co- laboración realizado pola Federación de Asocia- cións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia. n Atención á diversidade –– Espazo Compartido é unha das iniciativas de res- ponsabiidade social máis mimadas pola UDC. En 2018 fomos unha das 21 universidades españolas que obtivo apoio da Fundación Once , que finan- cia programas universitarios de emprego dirixidos a mozos/as con discapacidade intelectual. –– Dentro do Plan de acción titorial da UDC, a Unida- de de Atención á Diversidade coordina os titores que cada centro establece para o alumnado con diversidade funcional ou necesidades específicas. –– Convocáronse 20 axudas en réxime de conco- rrencia competitiva para estudantes con necesi- dades educativas especiais.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==