MEMORIA 2018 INFORME DO REITOR AO CLAUSTRO
— XXV — Introdución n Institucional E non quero pechar esta introdución sen mencionar que en 2018 asumín a responsabilidade de presidir a Comisión Sectorial de Gerencias da Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE) e que no Paraninfo acollimos a apertura conxunta do curso académico 2018-2019 no sistema universi- tario galego. Uns días despois impuxémoslle a Medalla de Ouro da UDC ao meu antecesor no cargo, profesor Xosé Luís Armesto , en recoñecemento á súa defensa da educación pública e á súa xestión nos momentos máis críticos da crise e dos recortes orzamentarios. No mesmo acto, o Paraninfo acolleu a incorpora- ción do profesor portugués Boaventura de Sousa como novo doutor honoris causa da Universidade da Coruña, a proposta do Departamento de Socio- loxía e Ciencias da Comunicación e da Facultade de Socioloxía. O noso Claustro de Honra enriquécese coa integración dun intelectual de relevancia mun- dial, que exerce desde Coímbra un maxisterio cons- tante na crítica á globalización de matriz neoliberal. Julio Abalde Reitor da Universidade da Coruña
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==