Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XIII — Introdución Remataba a Memoria que aprobou o Claustro o ano pasado subliñando que a pandemia nos obrigara en 2020 a reinventarnos e a activar mecanismos de re- siliencia para seguir coas nosas vidas e coas nosas actividades. O primeiro ano da pandemia fora moi complicado para a comunidade universitaria, mais non sabiamos que no 2021 aínda non poderiamos re- cuperar a ansiada normalidade total. E, efectivamente, a actividade ordinaria volveuse des- envolver nos nosos campus da Coruña e Ferrol baixo os mesmos condicionantes sanitarios, na medida en que a covid seguía obrigando a desenvolver as nosas actividades cotiás dun xeito excepcional. A diferenza, ou unha das grandes diferenzas, a efectos nosos era que xa levabamos aprendido moito para afrontar a crise. A experiencia fortaleceunos e as adaptacións impres- cindibles das actividades ordinarias de docencia, de investigación e de xestión permitíronnos completar o curso 2020-2021 e comezar o 2021-2022 con case total normalidade ata alcanzar case o 100% de do- cencia presencial, agás nos casos en que os límites de capacidade determinaron a implantación de formatos híbridos. O criterio básico era e seguirá a ser o de adoptar o formato en liña unicamente como último recurso, co obxectivo de manter a calidade da formación e de impedir, como reclamou CRUE Universidades Espa- ñolas, que a pandemia xerase unha xeración estigma- tizada pola covid-19. Ese foi o obxectivo logrado en 2021 e do que todas e todos (profesorado, alumnado e persoal de admi- nistración e servizos) podemos sentirnos razoable- mente satisfeitos. Compromiso e responsabilidade exemplares para enfrontar os atrancos impostos pola pandemia e para incorporar solucións alternativas in- novadoras. Facendo bo o refraneiro popular con aquilo de “ no hay mal que por bien no venga ”, as medidas urxentes adoptadas pola Universidade da Coruña aceleraron os procesos de dixitalización en todos os ámbitos. A Xunta mobilizou recursos económicos e grazas a eles nós, coma as outras universidades galegas, puidemos contar con preto de tres millóns de euros para implan- tar melloras na contorna dixital para a docencia e a dixitalización da xestión académica. Destinamos estes recursos a iniciativas moi concretas en innovación ou renovación tecnolóxica (licenzas e seguridade, por exemplo), ou ao impulso da adminis- tración electrónica, a potenciar os sistemas de video- conferencias ou a asegurar a conectividade de todos os usuarios. Na apertura oficial do presente curso académico no sistema universitario galego, que este ano nos corres- pondeu organizar a nós no Paraninfo, tiven a oportu- nidade de destacar o valor, moi positivo desta liña de colaboración institucional (pola que eu apostei des- de o comezo do meu primeiro mandato), tanto coas administracións públicas como coas universidades de Santiago e de Vigo. Un dos froitos des colaboración foi a sinatura do acor- do marco para o mapa de titulacións universitarias ata 2026 , que se irá desenvolvendo nos próximos anos, tanto para os graos como para os másteres.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==