Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro

— XIV — memoria 2021 Así mesmo, consellería e universidades galegas ta- mén asinamos en maio o convenio para implantar, de xeito coordinado e equilibrado, a titulación de intelixencia artificial nos tres campus a partir do vin- deiro curso. Os dous primeiros cursos serán comúns e os outros dous permitirán a especialización no marco do novo grao, unha materia na que a Univer- sidade da Coruña mantén unha posición de liderado tanto en docencia como en investigación. En xuño o Consello Galego de Universidades apro- bou, xunto coa creación da Facultade de Turismo , a creación da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e en novembro xa puidemos dar o paso histó- rico de crear a xunta constituínte deste novo centro, que fusiona as antigas Escola Politécnica Superior e Escola Universitaria Politécnica. Esta xunta consti- tuínte está encabezada por un director comisionado e integrada por directivos e representantes dos dous centros que se extinguen. Os traballos nas instalacións de Esteiro e nas novas dependencias que se remodelan ou amplían (e que detallo máis adiante) enfrontáronse co obxectivo de poder comezar en Esteiro toda a docencia teórica e práctica dos distintos graos (seis máis un programa de simultaneidade) e másteres (sete en total) impar- tidos ata agora en Serantes e Esteiro. Esta integración nun único centro posibilitará a crea- ción de sinerxías entre as titulacións impartidas nos dous centros, unha maior atracción de talento (tan- to de estudantado Erasmus como de alumnado de posgrao e de investigadores docentes) e unha maior accesibilidade do estudantado, así como a potencia- ción da súa visibilidade e presenza na cidade. Sen dúbida, a da creación Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol impulsa notablemente o Cam- pus Industrial , que tamén conta desde decembro cun plan estratéxico 2021-2026. En outubro asinou- se un convenio coa Xunta, por importe de 1,8 mi- llóns de euros, par impulsar accións como campus de especialización acreditado do Sistema Universi- tario Galego. Por outra banda, a biblioteca da antiga Fábrica de Armas da Coruña acolleu o acto de sinatura do convenio para elaborar o plan director para a cogo- bernanza da Cidade das TIC . Neste acto, fito sa- lientable no proceso de configuración do polo tec- nolóxico e de innovación dixital, estiveron presentes o conselleiro de Economía, o delegado do Goberno, a alcaldesa da Coruña, o presidente da Deputación e o presidente do Clúster TIC. O plan director definirá a folla de ruta do proxecto e incluirá aspectos como o plan estratéxico cos seus obxectivos a curto e medio prazo, un plan de xestión do deseño dun modelo de negocio sustentable, un plan de sustentabilidade económico financeira e a constitución dunha nova sociedade xestora da Cida- de das TIC. Con este convenio sentáronse as bases de colabo- ración institucional para dinamizar a construción e dotación da Cidade das TIC, co obxectivo de mate- rializar este gran proxecto de futuro da Universida- de da Coruña no menor tempo posible. A primeira construción será, como xa é sabido, a do Centro de Servizos Avanzados (CSA) , financiado na súa totali- dade pola Xunta de Galicia a través do Igape. Antes de comentar área a área os resultados da xes- tión de 2021 que se inclúen nesta Memoria anual quero salientar aquí que, un exercicio máis, a Univer- sidade da Coruña presentou unhas contas saneadas (cun orzamento incrementado este ano nun 4,37% ) e que a sinatura de 931 convenios con empresas e administracións públicas ( 756 para prácticas do alumnado ) tamén demostra que, malia a pandemia, a Universidade da Coruña desenvolveu as súas fun- ción de docencia, investigación e transferencia con normalidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==