Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XV — Introdución n OFERTA ACADÉMICA Na actualidade a Universidade da Coruña conta cun- ha oferta docente consolidada, renovada e preparada para dar resposta con garantía ás necesidades e re- quirimentos presentes e futuros, e para ter un papel decisivo na acción educativa e cultural que demande a sociedade. Un bo exemplo son as novas titulacións de grao, implantadas a partir do curso académico 2018-2019 e que destacan por ser pioneiras no SUG polas competencias que outorgan ao estudantado, pola súa avanzada xestión académico-administrativa, polas metodoloxías empregadas e pola súa vincula- ción aos campus de especialización da UDC. A trans- formación dixital que experimentou a UDC durante a pandemia levou a instaurar novos xeitos de ensinar e de aprender que terán un reflexo na calidade docente das distintas titulacións. No 2021-22, ofertáronse 40 graos nas diferentes ra- mas de coñecemento, sete programas de simultanei- dade e dous graos abertos. Algunhas das titulacións que conforman o noso catálogo de graos son únicas no Sistema Universitario Galego. Polo que se refire aos másteres universitarios, dispo- ñemos neste momento dunha oferta estable e equili- brada entre as distintas ramas de coñecemento. Ofer- táronse un total de 58 másteres. Cómpre destacar a inclusión neste curso dun máster pertencente ao Programa de Excelencia da Comisión Europea para a Cooperación e Mobilidade Internacional: o máster universitario conxunto Erasmus Mundus en Sustenta- bilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo. Así mesmo, é importante salientar que a calidade dos másteres viuse recoñecida coa concesión de dous dos tres recoñecementos de calidade entregados pola Xunta ao Sistema Universitario de Galicia. Na segun- da convocatoria de Mención de Máster Universitario Excelente da Xunta obtiveron este selo de calidade o Máster en Bioinformática para Ciencias da Saúde da UDC e o Máster en Biotecnoloxía Avanzada (interu- niversitario coa Universidade de Vigo). A concesión destes selos de excelencia converte a UDC na univer- sidade galega que máis selos ten até o momento, ao estar en posesión de catro dos seis outorgados. A oferta de estudos de doutoramento estabilizouse no curso 2021-22 en 36 programas que cobren as di- ferentes ramas do coñecemento. Tanto a demanda destes estudos (en termos de matrícula total) como a súa produtividade (en termos de teses defendidas) indican que se alcanzou a estabilidade deste terceiro ciclo do ensino universitario, tras a profunda trans- formación que supuxo a introdución do Real decreto 99/2011. Así, a matrícula total e o número de teses defendidas son moi similares desde hai tres cursos académicos, con arredor de 1.200 estudantes (1.199 no curso 2021-2022) e máis dun cento de teses de- fendidas cada ano (129 en 2020-2021). Algo que pa- rece especialmente salientable se temos en conta a situación de excepcionalidade que estivemos a pa- decer desde marzo de 2020. Mesmo o grao de inter- nacionalización dos estudos de doutoramento seguiu a ser importante, pois un 40% das teses recibiron a mención internacional . A esta internacionalización contribuíu en boa medida o programa inMOTION —o programa INDITEX-UDC de axudas á mobilida- de dos estudantes de doutoramento que distingue á UDC de moitas outras universidades— que en 2021 beneficiou a 21 estudantes. Na evolución da matrícula nas diferentes titulacións, podemos establecer algunhas diferenzas entre graos, másteres e doutoramentos. O número de estudantes de graos experimentou un leve descenso, ao pasar de 13.732 no 2020-2021 a 13.558 no 2021-2022 . Isto pódese explicar basicamente pola caída demo- gráfica. Porén, a evolución da matrícula nos máste- res segue a ser moi positiva . Confírmase a tenden- cia de crecemento ininterrompida dos últimos anos, cun incremento superior ao 50% respecto ao número de matriculados no 2014-2015. No referente aos es- tudantes de doutoramento, a matrícula neste curso
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==