Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro

— XVI — memoria 2021 mantívose, como xa se sinalou, en cifras similares ás dos últimos cursos. Estamos, pois, nunha fase de consolidación da es- trutura completa das titulacións. O desenvolvemento pleno desta nova estrutura fai necesaria a avaliación continua do impacto das novas actividades. Como consecuencia desta avaliación, realizáronse distintas reformas das normativas académicas para acomo- dalas ás necesidades organizativas e de recursos dos centros e aos distintos cambios normativos da lexisla- ción estatal e autonómica. Estas novas adaptacións só foron posibles pola colaboración e polo traballo dos equipos directivos das diferentes facultades e esco- las implicadas e da Escola Internacional de Doutora- mento, así como da comunidade universitaria no seu conxunto. A oferta de titulos propios na UDC mantívose estable, coa incorporación de novas propostas pero coa baixa dalgúns outros títulos. Estes últimos experimentaron un importante descenso de matrícula (un 30% no conxunto dos títulos propios) por mor da situación de pandemia vivida nos últimos dous anos. Canto á área de calidade, actualizáronse e mello- ráronse os sistemas de garantía de calidade (SGC) dos centros, así como a nova aplicación informática para a súa xestión. Apoiamos os centros na elabora- ción do autoinforme e recompilación de evidencias e indicadores para o desenvolvemento dos procesos de seguimento anual de títulos e de renovación da acreditación, que se envían á ACSUG: 25 autoinfor- mes de seguimento (12 graos e 13 másteres) e sete autoinformes de renovación de acreditación. Proporcionamos asesoramento para elaborar accións de mellora e alegacións de resposta aos informes provisionais de seguimento anual e de renovación da acreditación emitidos pola ACSUG. Así mesmo, en 2021, publicouse a X Convocatoria do Programa Do- centia, na que foron avaliados 150 docentes . Cóm- pre facer unha estimación positiva dos resultados das valoracións finais acadadas, pois un 40% obtivo unha valoración de desempeño excelente (16 profesores/ as recibiron un certificado de excelencia); un 54.67%, de desempeño notable; e un 1.34%, de desempeño aceptable. O Centro Universitario de Formación e Innovación (CUFIE) continuou o seu traballo a prol da innova- ción nos ámbitos da docencia e da formación per- manente, a través de distintas iniciativas. Durante o curso 2020-2021, seguiu vixente a reconversión ao formato virtual de todos os plans formativos, realiza- da o curso anterior. O CUFIE colaborou coa Oficina para a Igualdade de Xénero para o desenvolvemen- to do plan de formación en igualdade, destinado ao profesorado e ao alumnado. Tamén ofertou sesións formativas en directo a cargo de relatores internos e externos, que versaron sobre temas de interese para a comunidade universitaria: protección de datos, ciberseguridade, uso didáctico do Campus Virtual, etcétera. No que se refire á innovación, lanzouse unha nova convocatoria de proxectos de aprendizaxe-servizo que deu como resultado a aprobación e certificación de 22 proxectos. No marco da II convocatoria de Premios á Innovación Docente en Aprendizaxe-Ser- vizo, outorgáronse 6 premios. Así mesmo, o CUFIE e a OCV colaboraron coa Universidade de Santia- go na organización do III Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo na Universidade que tivo lugar no mes de abril de 2021. Ademais, o CUFIE organi- zou en formato virtual as V Xornadas de Innovación Docente da UDC , nas que se presentaron 42 vídeo- comunicacións, recollidas boa parte delas nun novo número da colección dixital “Contextos Universitarios Transformadores”. Nas devanditas xornadas tamén se outorgaron dous premios e un accésit ás mellores experiencias docentes.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==