Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro

— XVII — Introdución Por último, no primeiro semestre do 2021 impartíron- se na plataforma MiríadaX as terceiras edicións de dous cursos MOOC e as primeiras edicións de tres novos cursos MOOC : “Mentoría en la Universidad. Formación de las figuras implicadas”, “Teoría de Jue- gos para el Desarrollo Sostenible” e “Construción na- val e Industria 4.0”. A excepcionalidade da situación sanitaria no curso académico 2020-2021 obrigou a reprogramar a do- cencia da Universidade Sénior e a ofertar un progra- ma de modalidade semipresencial, dirixido a todo o alumnado e dotado cun forte apoio informático. O número de persoas matriculadas foi de 392 (273 na Coruña e 119 en Ferrol). En setembro de 2021 retomouse a súa oferta forma- tiva presencial: dous programas de grao e de forma- ción específica para graduados, e actividades com- plementarias para o alumnado e público en xeral (ciclos de conferencias, seminarios, xornadas e obra- doiros). Os programas de Graduado Sénior da Coru- ña e Ferrol incluíron 18 materias cada un deles e os de Formación Específica para Graduados da Coruña e Ferrol, 8 e 9 materias respectivamente. A docencia presencial complementouse cun novo programa específico virtual de 6 materias. Esta oferta formativa permitiu incrementar o número de persoas matriculadas: 734 (520 na Coruña e 214 en Ferrol). Ademais, a Sénior continúa coa súa aposta polo Proxecto de Democratización do Coñecemento , xornadas formativas organizadas fóra dos campus da UDC: As Pontes de García Rodríguez, a Costa da Morte, Betanzos e Ortigueira. Nas catro xornadas de 2021 impartíronse un total de 33 materias. Nes- te proxecto, que suma xa 10 edicións (tres na Costa da Morte, tres en Betanzos, tres nas Pontes e unha en Ortigueira), participaron 500 estudantes desde o seu comezo en 2018 . n INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA A crise sanitaria condicionou de novo as actividades de investigación e transferencia, mais quero resaltar o apoio da investigación a proxectos para a loita contra a pandemia, cumprindo cun dos obxectivos estraté- xicos desta universidade: a transferencia do coñece- mento científico en beneficio da sociedade. Baixo as premisas de garantir e fortalecer o sistema de I+D da Universidade da Coruña, continuouse tra- ballando no proceso de fortalecemento dos centros de investigación , adaptándoos á nova normativa da Secretaría Xeral de Universidades e á propia norma de centros aprobada polo Consello de Goberno. Esta adaptación centrou moitas das actuacións da política de investigación da UDC, reforzando os centros con infraestruturas conseguidas en convocatorias na- cionais competitivas e con recursos humanos , tanto de investigadores como de tecnólogos, que permitan o fortalecemento dos centros de cara ás futuras acre- ditacións. Outro dos obxectivos da política científica foi adap- tarnos, e participar activamente, en proxectos de fon- dos Next Generation e en hubs de innovación. Neste contexto, a UDC participa en proxectos tractores e colabora de maneira activa nas convocatorias. Des- taca a participación en programas de recualificación do sistema universitario español (Margarita Salas, Re- cualificación do profesorado e María Zambrano), así como en proxectos PERTE (Proxectos Estratéxicos para á Recuperación e Transformación Económica). Entre as accións que están en marcha, cómpre salien- tar, como xa indiquei antes, o proxecto da Cidade das TIC , onde se pretende a integración e cooperación das empresas coa UDC no avance da investigación e innovación no campo das tecnoloxías da información e comunicación, polo que está incluída na Estratexia

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==