Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro

— XVIII — memoria 2021 Dixital de Galicia 2023. Nesta acción contouse co fi- nanciamento do Igape para o Centro de Servicios Avanzados (CSA) . Por outra banda, en 2021 rematou a segunda fase da Unidade Mixta de Investigación UDC-Navantia cun- ha avaliación moi positiva por parte da Axencia Gale- ga de Innovación (GAIN), o que permite presentarse a unha terceira edición de unidades mixtas, xa como centro mixto de investigación. A captación de recursos externos para a investigación ascendeu a 17,6 millóns de euros, cifra que supón un considerable incremento respecto do ano anterior (11 millóns en 2020) Daquela, este é un outro fito his- tórico para a nosa universidade. Conseguíronse un total de 62 proxectos de inves- tigación. Deles, 15 son proxectos europeos , outro máximo histórico para a UDC. Ademais, subscribíron- se convenios con empresas e institucións por 4,4 mi- llóns de euros. A estas axudas debemos engadirlles un total de 2,9 millóns conseguidos na convocatoria de consolida- ción de grupos de investigación da Xunta , que se repartiron en sete grupos de referencia competitiva e nove novos grupos de potencial crecemento. Na captación de recursos humanos , unha das estra- texias polas que estamos a apostar, a Universidade da Coruña logrou incorporar tres novos Ramón y Cajal e catro investigadores distinguidos no programa de captación de talento da Xunta. No programa de pre- doutorais do ministerio incorporáronse oito FPI e cin- co FPU, ademais dos 14 predoutorais e 10 posdouto- rais dos programas autonómicos. Tamén destacamos a concesión dunha axuda, solicitada polo CITIC, na convocatoria europea MSCA-COFUND do progra- ma H2020, baixo o título de “3-i ICT ( International, Interdisciplinary and Intersectoral, Information and Communications Technology PhD Programme )”. É a primeira axuda concedida a unha institución galega nesta competitiva convocatoria e permitirá a capta- ción de oito investigadores/as predoutorais. No eido da transferencia de investigación e da tec- noloxía da investigación ao tecido industrial, salien- tamos que o número de contratos con empresas e administracións públicas asinados por investigadores da UDC en 2021 foi de 252, cun importe total de 4,3 millóns de euros . A maioría destes contratos (147) fo- ron xestionados a través de Fundación da Universida- de da Coruña (FUAC). n ORZAMENTO O orzamento da UDC para 2021 foi de 136,99 mi- llóns de euros . Esta cantidade supón un incremento dun 4,37%. O incremento de gastos de persoal foi do 5,92% (96,421 millóns de euros fronte a 102,127 millóns de euros), se ben corresponde a dous anos, xa que o or- zamento do ano 2019 se prorrogou para o ano 2020. O gasto corrente, que supón un 11,77%, diminúe un 2,51%. As transferencias correntes ascenden a 4,751 millóns de euros, o que representa un 3,47%, e un incremento do 3,45%. No apartado dos investimen- tos reais existe un incremento do gasto do 2,85% e alcanza unha contía de 13,148 millóns de euros , o que representa un 9,60%. No que se refire aos ingresos, as principais variacións están recollidas nas epígrafes dos capítulos 3, 4 e 6. Os ingresos do capítulo 3 experimentan un incremen- to do 1,21%, mentres que as transferencias corren- tes ascenden a 96,710 millóns de euros o que su- pón un 70,60% e medran un 1,71%. As transferencias de capital experimentan un incremento de 18,342 a

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==