Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro

— XIX — Introdución 22,241 millóns de euros (un 21,26%), e teñen un peso ou ponderación do 16,23%. A liquidación do orzamento do exercicio 2020 apro- bouse no Consello de Goberno en xullo de 2021. Fíxose a auditoría e posteriormente foi aprobada polo Consello Social. As principais conclusións da liquidación orzamentaria son as seguintes: − A execución total do ano 2020 acada o 83,43 % (87,11% en 2019). A execución no capítulo VI de gastos (investimentos reais) foi en 2020 do 90,49 %, fronte ao 59,62% do ano 2019. − Os pagamentos realizados situáronse no 94,85% e experimentaron un descenso con respecto ao ano 2019, en que a porcentaxe de pagamentos no exer- cicio foi dun 96,68%, o que segue a supor un alto grao de cumprimento cos provedores. − A relación de dereitos recoñecidos netos e as obri- gas recoñecidas presentan un saldo positivo de 3.197.945,97 €, que confirman o resultado positivo na liquidación por cuarto ano. − A recadación neta continuou a mellorar notable- mente xa que pasou de 125.468.597,12 € en 2019 a 127.663.786,94 € en 2020, o que supón un lixeiro incremento do 1,75%. A análise por diferentes capítulos de gasto e ingre- sos pódese resumir como segue. No caso das transferencias correntes, a cifra estivo moi preto do ingreso real (95,082 millóns fronte a 95,157 millóns). No caso dos ingresos patrimoniais, non se puido alcanzar a previsión por mor da crise da covid-19. Moitos dos ingresos previstos por alu- gueiros de locais ou espazos e mais canons non se puideron executar, ben pola condonación dos canons ou ben porque se cancelaron moitos actos ou even- tos en recintos da Universidade (Reitoría, Paraninfo, salóns etc.) polos que se cobran tarifas de uso. En consecuencia, non se puido cumprir coa estimación de final de 2019. Por esta razón, a previsión inicial de 0,340 millóns soamente puido chegar a 0,184 millóns de euros. No que se refire ás transferencias de capital, esta con- tía increméntase debido ao crédito incorporado pro- cedente do exercicio anterior, así como dos proxectos de investigación autonómicos, nacionais ou europeos e convenios que van xurdindo durante o exercicio económico. Así, a cifra que finalmente se executou foi de 34,935 millóns . O mesmo ocorre no caso dos investimentos reais (capítulo VI de gastos). No caso dos gastos de persoal hai que salientar que o dato que figura no crédito inicial (96,421 millóns) co- rresponde ao ano 2019 e que se repite no ano 2020, xa que o orzamento quedou prorrogado. Por esta razón, existe unha diferenza importante entre o cré- dito inicial (96,421 millóns de euros) e o crédito final (100,975 millóns). De igual xeito, existe unha diferen- za no capítulo II, en que a execución (15,034 millóns) foi inferior ao previsto (16,534 millóns), motivado isto pola contención do gasto que se proxectou a final do ano anterior. Tamén houbo partidas orzamentarias cunha execución inferior ao previsto motivada pola crise sanitaria . Os gastos financeiros diminuíron de 0,028 millóns a 0,0205 millóns, se ben este dato, en termos ab- solutos, non é significativo. A diferenza dos pasivos financeiros débese a que se estableceu unha mo- ratoria por parte do Ministerio en que se permitía aboar cotas de amortización dos anticipos reinte- grables na seguinte anualidade. Por tanto, a contía inicialmente prevista de 0,550 millóns quedou en 0,219 millóns.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==