Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XX — memoria 2021 n PROFESORADO Houbo destacadas novidades nas políticas de acce- so e promoción do persoal docente e investigador , superando os obxectivos dos últimos anos, aínda ben que seguen condicionadas polo marco económico. Dunha parte, o profesorado axudante doutor xa pode optar á súa funcionarización ou á súa estabilización antes da finalización do seu contrato, coa oferta de prazas de titular de universidade e de prazas libres de profesor/a contratado/a doutor/a. E da outra, o pro- fesorado interino de substitución que cubra docencia estrutural finalizou o ano con novas posibilidades de estabilización ao se crear un maior número de prazas de axudante doutor/a. A oferta de emprego público (OEP 2021) do persoal docente e investigador da UDC chegou ás 70 prazas. Logo da negociación e acordo cos órganos de repre- sentación do PDI, o Consello de Goberno, reunido o 19 de febreiro, destinou 17 prazas de profesor/a contratado/a doutor/a á estabilización do profeso- rado axudante doutor que se atope en situación de fin de contrato e 25 prazas á promoción a titular de universidade do profesorado contratado doutor , abrindo a posibilidade de funcionarizar directamente o profesorado axudante doutor acreditado e de ofer- tar seis prazas adicionais de profesor/a contratado/a doutor/a á estabilización deste colectivo sen esperar á finalización do seu contrato. Engádense a OEP dúas prazas de profesor/a contratado/a doutor/a ao programa de retención e captación de talento, que permitirá a estabilización dos/as investigadores/as captados mediante convo- catorias de excelencia. Ademais, en aplicación da disposición obrigatoria da Lei de orzamentos xerais do Estado, sete prazas de profesor/a contratado/a doutor/a e tres de titular de universidade (15% do total) reserváronse para incorporar persoal investiga- dor doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3. Finalmente, en aplicación do disposto na Lei 3/2017 e no Real decreto-lei 10/2015, inclúense 10 prazas de catedrático/a de universidade polo procedemento de promoción interna nesta OEP 2021. Nas convocatorias para establecer as áreas de co- ñecemento das prazas desta oferta, reguladas polos criterios negociados e acordados cos órganos de re- presentación do PDI, presentáronse 18 candidatos/as con acreditación a titular de universidade e 12 candi- daturas admitidas con acreditación de catedrático/a, caso no que a data de acreditación da última asigna- ción chegou ata xaneiro de 2021. Ademais do marco lexislativo estatal e autonómico que condiciona o desenvolvemento de políticas de estabilización, promoción e contratación de profe- sorado, os aspectos económicos relativos ao mante- mento da masa salarial constitúen a principal dificul- tade da nosa política de profesorado, e non mudaron coa aprobación do novo Plan de financiamento das universidades do SUG. O incremento anual de trienios e quinquenios deriva- dos do crecemento vexetativo do cadro de persoal, e de complementos autonómicos e sexenios de inves- tigación, aos que se engadiron en 2020 os sexenios de transferencia (cunha destacada taxa de éxito do PDI da nosa universidade) supón que o orzamento do capítulo I se sitúe no límite dos custos de per- soal que fixan as leis de orzamentos para a UDC. Os recursos para financiar os importes correspondentes a estes conceptos, así como as contías das prazas para manter as figuras recollidas no II Convenio colectivo laboral con compromiso de estabilización e das pra- zas para facer fronte a necesidades urxentes e inapra- zables, son moi limitados e proceden basicamente de xubilacións. Estas limitacións condicionan a contratación de novo persoal , co conseguinte escenario de falta de renovación e de inestabilidade para os proxectos
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==