Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XXI — Introdución educativos, de investigación ou de transferencia á so- ciedade dos seus resultados, que tanto preocupan a toda a comunidade universitaria. Os esforzos dos ór- ganos de goberno da UDC centráronse en minimizar os efectos neste contexto restritivo, mantendo esta- ble o número de efectivos, priorizando a estabiliza- ción de profesores e investigadores que se formaron con éxito na nosa universidade e maximizando as po- sibilidades de promoción. Ademais dos acordos acadados para a aprobación e execución da oferta pública de emprego, destacan as seguintes medidas: − O número de convocatorias públicas de PDI perma- nente realizadas no ano 2021, incluíndo prazas da OEP 2021 e anteriores, ascende a 56 prazas : 21 de profesor/a contratado/a doutor/a, 26 de titular de universidade e 9 de catedrático/a de universidade. − Coa publicación do Real decreto-lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, na UDC démoslle prioridade a garantir, no curto prazo, que todo o profesorado contratado interino de substitución que sexa estrutural e que conte cunha acreditación poda optar a unha praza de axudante doutor. Incrementamos a 30 as prazas asignadas no programa de axudantías, e decidimos unha se- gunda volta mediante unha convocatoria extraordi- naria dirixida a todo o profesorado interino a tempo completo estrutural que se convocaría en xaneiro de 2022. A lei 20/2021, de 28 de decembro, ratifi- cou a necesidade destas medidas, que deben com- pletarse cunha planificación rigorosa de prazas de estabilización a partir de 2022. − En 2021 convocáronse 71 concursos de profesor/a asociado/a ou contratado/a interino/a de substitu- ción sobre a base das instrucións da Secretaría Xeral de Universidades para a provisión temporal de postos de PDI para cubrir necesidades docentes urxentes. − Nomeáronse seis profesores eméritos e dous profe- sores honorarios. − O seguimento do cadro de PDI incorporou as bases para determinar a RPT do PDI da UDC con data de 31 de decembro de 2021, recuperando unha ferra- menta para ordenar as políticas de estabilización e promoción do profesorado. n INTERNACIONALIZACIÓN A xestión na área de internacionalización aínda estivo moi afectada polos efectos da pandemia. A mobili- dade máis condicionada, tanto de estudantes como de persoal, foi aquela con destino ou orixe en países de América Latina. Non obstante, o comezo do curso 2021-2022 marca o inicio da recuperación cara ás ci- fras anteriores á pandemia. A mobilidade Erasmus inscríbese xa no novo progra- ma europeo 2021-2027, caracterizado pola promo- ción da sustentabilidade , a inclusión e a dixitaliza- ción, coa oportunidade agora de abrirse a todos os países do mundo a través da denominada “dimen- sión internacional”. Despois de adaptar as nosas plataformas de mobi- lidade, a Universidade da Coruña atópase xa plena- mente operativa para renovar e asinar novos conve- nios a través da plataforma Erasmus sen papeis . Así mesmo, e de cara a unha mellor xestión e atención ao estudantado, concentramos na Oficina de Relacións Internacionais non só as mobilidades internacionais, senón tamén as relativas a universidades españolas: o programa SICUE. A captación de fondos e a nosa presenza en alianzas estratéxicas internacionais medra a través da parti- cipación en proxectos do programa Erasmus. A co- laboración iniciada cos campus de especialización e
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==