Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro

— XXII — memoria 2021 en concreto co Campus Industrial de Ferrol, facilitará que esta tendencia continúe nos próximos anos. Canto ao alumnado estranxeiro , imos recuperando as cifras anteriores á pandemia, cun 4,9% do total da matrícula en 2021 . Por país de orixe, destacan en número os estudantes procedentes de China, Vene- zuela, Perú, Ecuador, Colombia, Portugal e Marrocos. Os centros que recibiron máis alumnado internacional regular son a Facultade de Economía e Empresa (99), a Facultade de Ciencias (83), a Escola de Camiños e a Facultade de Dereito (78). A evolución do profesorado con docencia en inglés crece a un ritmo moi considerable, cun incremento do 27% respecto ao curso previo. Medra tamén o núme- ro de créditos impartidos en inglés, que supera nun 20% aos impartidos no curso anterior. As actividades de promoción internacional, como a asistencia a eventos e feiras, continuaron en forma- to virtual. Para fomentar os contactos con América Latina , lanzamos unha nova convocatoria de axudas á internacionalización específicas para esa área xeo- gráfica. No campo da internacionalización na casa , destaca a participación en iniciativas de intercambios virtuais. No eido da mellora das competencias lingüísticas en idiomas estranxeiros, o Centro de Linguas , a conse- cuencia do éxito dos cursos en formato virtual, manti- vo a oferta en liña xunto aos tradicionais presenciais, e mesmo incorporouse a docencia mixta ( blended ), prin- cipalmente nos cursos de español para estranxeiros. Finalmente, concedeuse o II Premio Profesorado In- ternacional da Universidade da Coruña como recoñe- cemento ao labor do profesorado a prol da interna- cionalización. n INFRAESTRUTURAS E SUSTENTABILIDADE Neste apartado quero referirme, en primeiro lugar, ás importantes accións relacionadas co aforro e a efi- ciencia enerxética. En 2021 rematáronse as obras que tiñamos iniciadas en seis centros como primeiro paso para a mellora da eficiencia enerxética dos edificios: Normal, Pavillón de Deportes de Elviña, Escola Técnica Superior de Arquitectura, Escola Politécnica Superior, Facultade de Humanidades e Reitoría. Os proxectos obtiveran a subvención convocada polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para proxectos de enerxías reno- vables e térmicas para os anos 2019 e 2020 e cofi- nanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Ga- licia 2014-2020. As obras foron fiscalizadas positiva- mente polo INEGA e conseguiron a aprobación para toda a subvención solicitada. Como continuación deste proxecto, estase desen- volvendo unha plataforma informática propia para a información, xestión e control de datos enerxéticos e ambientais procedentes dos diferentes centros da nosa universidade. Trabállase con datos vinculados á produción de enerxía solar fotovoltaica, consumo de electricidade, gas, auga e xeración térmica. Recóllen- se tamén datos referentes á ocupación de espazos, temperatura, humidade, calidade do aire e concen- tración de radon. Nesta esencial liña de traballo, en decembro solici- táronse novas subvencións ao INEGA, as de fondos MRR (Mecanismo Europeo de Recuperación e Resi- liencia) 2021-2024, dentro da iniciativa europea Next Generation, en relación con doce proxectos de insta- lacións fotovoltaicas para outros tantos centros uni- versitarios.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==