Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XXIII — Introdución Accións relacionadas coa unificación da Escola Uni- versitaria Politécnica e a Escola Politécnica Supe- rior en Esteiro: − Acondicionamento da planta de acceso á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol para novos la- boratorios. − Licitación do proxecto de rehabilitación do Edificio de Batallóns no campus de Esteiro para aula de más- teres e despachos, tras o reforzo da súa estrutura. − Proxecto de acondicionamento interior do Edificio de Usos Administrativos para aloxar os novos servi- zos unificados. Accións para a creación de novos espazos para as novas titulacións e para investigación, así como a mellora dos equipamentos existentes: − Acondicionamento do CIT II de Ferrol para alber- gar a Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar, que acolle o servizo Afrontemos. − Proxecto para o Laboratorio de Combustibles e o seu traslado ao Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño de Ferrol. − Sistema de renovación de aire con recuperación de calor para paliar a concentración de radon na Facul- tade de Humanidades de Ferrol. − Solución para a accesibilidade universal na Faculta- de de Enfermaría e Podoloxía de Ferrol. − Acondicionamento de espazos para o novo deca- nato da Facultade de Turismo, na Zapateira. − Substitución de fiestras na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas. − Reparación da cuberta do CITEEC, en Elviña. − Reforzo de ventilación CPD do CITIC en frecooling para aforro enerxético. − Instalación de liñas de vida en varias cubertas. − Realización da obra de medicións para a investi- gación de sistemas urbanos de drenaxe sostible (SUDS) nos campus. Accións para a mellora do espazo público nos cam- pus, en colaboración co Concello da Coruña a tra- vés do convenio entre ambas institucións: − Renovación de firmes na vía do campus da Zapa- teira. − Reparación de terrazos e lousas nas beirarrúas do campus de Elviña. − Pintado dos pasos de cebra e sinalización horizontal das vías. − Remodelación do peche do Normal. − Reparación de escaleiras exteriores e marquesiña de entrada en Ciencias da Educación. Accións para o desenvolvemento do proxecto da Cidade das TIC: − Estudo xeotécnico da parcela da antiga Fábrica de Armas: documentación xeolóxica, rexistros de sondaxes e calicatas, xeofísica, ensaios de labora- torio, levantamentos xeomecánicos e cartografías xeolóxicas. − Análise estrutural dos edificios da antiga Fábrica de Armas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==