Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro

— XXIV — memoria 2021 − Concurso de ideas para o proxecto do novo edificio para o CITIC da Cidade das TIC. A Oficina de Medio Ambiente (OMA) , dependente da Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade, recuperou a súa actividade presencial tras a pande- mia cun alto éxito de participación no curso “Cam- pus, Casa e Cidade: Laboratorios do Cambio”, den- tro do proxecto “Educando para a Sustentabilidade”, entre outros. Tamén continuou, con moito éxito, o programa Green Campus , no que participan a maioría dos cen- tros docentes da UDC. Neste sentido, estase a estu- dar a incorporación dos centros de investigación ao programa. Por outra parte, mantivéronse as actividades relacio- nadas coa protección da biodiversidade (coa xestión do monte da Fraga), a caracterización de residuos e mantemento dos puntos de compostaxe, as campa- ñas de aforro de auga, enerxía e papel, o uso da bi- cicleta, etcétera. Tamén tiveron continuación outras actividades como a III edición dos Premios UDC Sus- tentabilidade para TFG e TFM e a xestión das hortas urbanas comunitarias de Elviña. É destacable a obtención dunha subvención dentro do Programa de incentivos a mobilidade eficiente e sus- tentable (programa MOVES II) do INEGA para a com- pra de 20 bicicletas eléctricas , que modernizarán e reforzarán o noso plan de préstamo de bicicletas. Todo o traballo realizado estase vendo reflectido nos resultados obtidos pola UDC no Ranking GreenMe- tric en decembro de 2021: ocupamos a cuarta posi- ción entre as 29 universidades españolas avaliadas. No ámbito internacional, ocupa a posición 49 ª das 956 universidades estudadas, mellorando 16 postos e acadando o mellor resultado da súa historia. Neste eido, a UDC está entre o 5% das mellores universida- des do mundo. n ALUMNADO Como xa se fixera en 2020, a Vicerreitoría de Estudan- tes, en colaboración co resto do equipo de goberno, mantivo activos os mecanismos pertinentes para que a crise da covid non levase aparellados abandonos dos estudos na nosa comunidade nin disfuncións na calidade da docencia. Publicáronse 14 convocatorias de bolsas , axudas e premios, aos que a nosa universidade destinou 2,5 millóns de euros dos fondos propios . Este orzamen- to distribuíuse entre axudas para alumnado en situa- ción de dificultades económicas, prazas de aloxamen- to nas residencias, axudas para transporte, bolsas comedor e premios para gañadores de olimpíadas científicas e para a excelencia na nota de admisión aos distintos graos que ofertamos. Alén diso, estableceuse unha liña de axudas dirixida a estudantes con problemas de conectividade e puxé- ronse ao dispor do estudantado 42 portátiles, 110 cá- maras web e 90 tarxetas SIM para datos de Orange de tres meses de duración. Esta axuda convocouse a principio de curso e ata decembro houbo 81 benefi- ciarios . O 8 de abril desenvolveuse a Xornada de Portas Aber- tas Virtuais para dar a coñecer polo miúdo a oferta de titulacións dos campus da Coruña e de Ferrol. Como é habitual, esta xornada, que antes da covid se facía de xeito presencial, traslada información aos estudan- tes de bacharelato e de FP, así como aos pais e nais, ao profesorado e aos orientadores e orientadoras de centros públicos e privados. As xornadas compleméntanse con outra informa- ción útil ou de interese para os futuros alumnos e alumnas, como a oferta de aloxamento nas residen- cias públicas, as opcións de participar en actividades de voluntariado, os mecanismos de apoio a persoas con diversidade, os cursos de idiomas ou os cursos de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==