Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XXV — Introdución apoio ao estudo que imparte o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa. Do mesmo xeito que fixemos o ano pasado, o sitio web das xornadas mantense activo ata a seguinte edición, pois rexistramos milleiros de visualizacións (exactamente 7.774 ) de vídeos explicativos ofreci- dos en principio durante as xornadas. Ao se manteren no arranque do curso 2021-2022 as circunstancias extraordinarias provocadas pola pan- demia decidimos tamén manter mecanismos de in- formación para o estudantado , como o teléfono de atención persoal (881 011 111) e mais unha páxina web específica. Habilitáronse as aulas de estudo con códigos QR para unha mellor trazabilidade e diversos espazos wifi para que puidesen realizar os seus exa- mes no propio campus os alumnos e alumnas con pro- blemas de acceso a internet desde os seus domicilios. De todos os xeitos, puidemos dar a benvida aos no- sos estudantes nunhas xornadas presenciais no Es- tadio Universitario de Elviña (no campus de Elviña) e na praza de Humanidades (no campus de Esteiro) o día 23 de setembro. Nesta xornada festiva participa- ron preto de 2.000 estudantes (1.414 en A Coruña e 450 en Ferrol) desfrutando de actividades deporti- vas, culturais e medio ambientais. Contamos con 49 postos informativos de diferentes servizos e unida- des da UDC. n EMPREGABILIDADE Continuaron con normalidade as accións destinadas ao desenvolvemento de competencias para a mellora da empregabilidade e o emprendemento dos nosos egresados e egresadas. A máis importante é o “Pro- grama de Mellora da Empregabilidade nos Centros da UDC (PMEC)”, conformado por tres módulos que se impartiron tanto de xeito presencial como virtual (a demanda dos centros) e que están dedicados ao au- toemprego, á procura de emprego por conta allea e á exposición de experiencias reais de inserción laboral. Impartíronse dous cursos en formato virtual en co- laboración co CUFIE . O curso “Emprendemento e Autoemprego” revisa os contidos relacionados coa figura do emprendedor, o plan de negocio e a pro- posta de valor, a constitución dunha empresa e as vías de financiamento. Por sexto ano consecutivo participamos no programa Explorer , auspiciado por Santander Universidades. Este programa ten por obxecto impulsar o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nunha contorna dixital, aberta e colaborativa. Por primeira vez realizouse en dúas sedes (Ferrol e A Coruña) e desenvolveuse de xeito híbrido entre os meses de xaneiro e maio, baixo a coordinación da Unidade de Emprego. As diferentes edicións deste programa adoitan ser exitosas na nosa universidade. Na liña de ofrecer oportunidades de participación aos/ás nosos/as estudantes en iniciativas vinculadas ao emprendemento, resolución de retos, etcétera, que os axuden a mellorar as súas competencias de cara ao seu futuro laboral, no mes de outubro asinou- se un convenio coa Fundación Junior Achievement. Entre elas atópase o Startup Programme. Así mesmo, cómpre subliñar que a UDC participou no programa pioneiro Xuventude Mentoring , unha iniciativa integral de formación en mentoring destina- do a persoas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia. Trátase dun progra- ma promovido pola Consellería de Política Social e o CIXUG, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil. En novembro organizouse por cuarto ano consecu- tivo o Foro Avanza , esta vez coa novidade de inte-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==