Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XXVI — memoria 2021 grar unha Feira Virtual de Emprego . Durante tres mañás, relatores de diferentes ámbitos ofrecéronlle aos estudantes diversas sesións informativas. Pola súa banda, ao longo de dúas tardes desenvolveuse a Fei- ra de Emprego, que por primeira vez se realizou nun formato completamente virtual coa colaboración de preto de trinta entidades internacionais e nacionais. A través de casetas virtuais e diferentes salas e fo- ros, os estudantes puideron deixar os seus currículos, concertar entrevistas e acudir a presentacións, entre outras actividades. O Observatorio Ocupacional realizou o informe de inserción laboral das titulacións de grao e máster correspondente á cohorte de titulados e tituladas do curso 2019-2020. Para o estudo entrevistáronse a 2.469 persoas de 37 titulacións distintas. Os resul- tados están dispoñibles na páxina web institucional do Observatorio Ocupacional. Por outra banda, par- ticipamos directamente no deseño dun novo Selo de Excelencia en Empregabilidade promovido por ANECA, mediante a inclusión do director do Obser- vatorio Ocupacional na comisión establecida para ese efecto. Finalmente, hai que salientar que a Universidade está a participar no proxecto Guess , un proxecto europeo sobre expectativas profesionais e espírito empren- dedor. En total no curso 2020-2021, conseguíronse 2.054 respostas de estudantes, que permiten coñecer as súas actitudes de cara ao emprendemento. n PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS O 8 de xullo asinouse o Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Univer- sidade da Coruña. Este documento é a consecuencia do bo labor realizado polo grupo de traballo formado pola representación do persoal sindical e da Xerencia. O texto define o teletraballo como a prestación de servizos a distancia, sempre que as necesidades do servizo o permitan, fóra das dependencias da UDC mediante o uso de tecnoloxías da información e co- municación. Así mesmo, para poder acollerse a esta modalidade, o persoal deberá acreditar que cumpre unha serie de requisitos, como, entre outros, ter coñecementos in- formáticos e telemáticos que garantan a súa aptitu- de para teletraballar, así como dispoñer de conexión a internet. A opción de teletraballo será voluntaria para o persoal e reversible tanto para o traballador como para a universidade. O 30 de decembro publi- couse na páxina web e entrou en vigor. De acordo coa disposición transitoria segunda, duran- te os primeiros seis meses desde a entrada en vigor do acordo (ata o 30 de xuño de 2022), só se autoriza- rán períodos de teletraballo de un día á semana, co obxecto de facer unha implantación paulatina. Polo demais, o 15 de novembro publicouse non Dia- rio Oficial de Galicia a relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos , despois da súa aprobación polo Consello de Goberno do 27 de xullo e do pleno do Consello Social do mesmo día. Esta publicación e posterior aplicación e desenvol- vemento da RPT ten unha gran importancia para, tal e como se expuxo na súa memoria xustificativa, dar resposta ás novas esixencias da xestión en organiza- cións complexas, onde é fundamental a coordinación dos procesos, o traballo en equipo e a flexibilización funcional. Tamén quero salientar que mediante a resolución do 16 de decembro, publicada no DOG do día 28, se convocou o concurso de traslados do persoal fun- cionario de administración e servizos. Ofértanse, na súa primeira fase, 10 postos vacantes pola forma de
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==