Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro

— XXVII — Introdución provisión de concurso específico e 171 pola forma de provisión de concurso. n IGUALDADE A Oficina para a Igualdade de Xénero continuou co programa formativo en materia de igualdade, educa- ción afectivo-sexual, diversidade e non discriminación para o alumnado. En colaboración co CUFIE, ofer- táronse 12 cursos para o alumnado con diferentes temáticas, con especial atención ao alumnado das facultades de Ciencias da Educación, Ciencias da Co- municación, Dereito e Ciencias da Saúde, que están expresamente mencionadas no Pacto de Estado. Un total de 190 alumnos e alumnas asistiron a estes cur- sos. Como novidade, impartíronse “ p í lulas de igual- dade ”, pequenos cursos en distintas titulacións, que acadaron unha participación de 277 estudantes . No caso do profesorado ofrecéronse seis cursos con dife- rentes temáticas. Na programación dos cursos incidiuse na formación enfocada á incorporación da perspectiva de xénero nas guías docentes das materias dos diferentes graos, na formación para a atención ás vítimas de acoso se- xista e á formación no ámbito do tratamento da infor- mación nos medios sobre as violencias machistas. Un total de 86 docentes da nosa universidade asistiron a estes cursos. Este ano fíxose un esforzo importante co obxectivo de informar, formar e fomentar a inclusión da perspectiva de xénero nas materias das distintas titulacións. A Oficina para a Igualdade de Xénero , xunto coas oficinas das outras dúas universidades galegas, orga- nizou as VII Xornadas Universitarias Galegas en Xéne- ro. Durante dous días de xuño presentáronse un total de 49 comunicacións divididas en tres áreas temáti- cas: mulleres, investigación e covid, violencias contra as mulleres e perspectiva de xénero na docencia uni- versitaria. As xornadas realizáronse en liña e asistiron 248 persoas . Respecto as actividades de difusión, a Oficina para a Igualdade de Xénero participou na Xornada de Ben- vida para o alumnado da UDC. Atendeuse a 700 per- soas (500 no Campus da Coruña e 200 no Campus de Ferrol). Como parte do material gráfico desenvolvido para a xornada, imprimíronse dous totems con infor- mación sobre a OIX e o protocolo, que posteriormen- te se van cambiando dun centro a outro para que a in- formación chegue a toda a comunidade universitaria. Pouco antes da celebración do 25N, Día Internacio- nal da Eliminación da Violencia contra as Mulleres , iniciouse a campaña “Súmate e resta Machismo: El xa marca a diferenza”, co obxectivo de que o alum- nado (particularmente os mozos) se posicionasen en contra da violencia machista. A campaña consistiu na elaboración dun photocall co lema da campaña, que foi trasladado aos distintos centros. Pasaron por el preto de 500 persoas, das que 300 participaron na campaña sacándose unha foto e deixando a súa mensaxe. A Oficina xestionou diferentes consultas relacionadas con situacións sexistas e/ou machistas e o protoco- lo de acoso, e ofreceu asesoramento tanto a centros como a persoas. Así mesmo, está a traballar nun novo protocolo en espera da aprobación dunha nova lei de convivencia universitaria. Ademais, desenvolvéronse diferentes charlas nos distintos campus e, como todos os anos, convocou- se o concurso para premiar os mellores proxectos fin de grao ou fin de máster con perspectiva de xénero. Dentro do plan de comunicación do protocolo da UDC, fíxose un concurso para elaborar un cartel e un vídeo para promovelo entre a comunidade uni- versitaria.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==