Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XXVIII — memoria 2021 Pola súa banda o CEXEF organizou dous faladoiros onde se analizaron as temáticas relacionadas coas no- vas masculinidades e coa violencia nas redes. n CULTURA A situación pandémica tamén afectou ao ámbito da cultura no que respecta á capacidade dos eventos, así como ao tipo de actividades que puideron ser pro- gramadas. Como é habitual, houbo dúas convocatorias de obra- doiros creativos que se desenvolveron tanto no cam- pus de Ferrol (Centro Cultural Universitario) e no da Coruña (Normal. Espazo de Intervención Cultural), como tamén en liña. En total realizáronse 26 obra- doiros , nos que participaron os distintos colectivos da comunidade universitaria (alumnado, PDI, PAS) e a ci- dadanía en xeral, e que de xeito xeral foron valorados moi positivamente. En Normal contouse coas exposicións “Camiño ne- gro”, do fotógrafo Damián Ucieda e comisariada por Juan de Nieves, e “Códigos”, de Tatiana Medal. En paralelo desenvolvéronse actividades como visitas guiadas, roteiros ou obradoiros infantís, en que ta- mén tiveron a oportunidade de participar as fillas e fillos de PDI e PAS. Cómpre resaltar que se convocou a primeira edición do Programa de Residencias Artísticas Fundación María José Jove en colaboración con Normal, que contabilizou máis de 200 solicitudes de artistas na- cionais e internacionais do ámbito das artes visuais. Logo de tres meses de residencia en Normal, a ga- ñadora, Alejandra Pombo, realizou como peche unha performance nunha das naves da Cidade das TIC, que estivo acompañada pola I Xornada de Encontro Museo Virtual FMJJ / Normal cunha mesa de debate sobre a arte contemporánea en Galicia. Por último, o Coro Universitario retomou a súa acti- vidade e tamén se celebraron, con diversos espectá- culos musicais, literarios e de artes escénicas, o Día Internacional da Danza, o Mes das Letras e o 25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. En Ferrol convocáronse varios roteiros culturais. n DIVULGACIÓN CIENTÍFICA En 2021 por primeira vez a Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDCC) da UDC superou con éxito o proceso de rexistro na Red UCC+i (Rede de Uni- dades de Cultura Científica e Innovación) da Funda- ción Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Tamén por primeira vez, celebrouse na Coruña e Ferrol a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia (G-Night), a través dun proxecto europeo do programa marco H2020. Contouse coa colaboración dos distintos centros de investigación da UDC, do seu persoal investigador (85 persoas), do seu persoal administrativo e de servizos (13 persoas) e dos museos científicos para organizar actividades tanto presenciais como virtuais para 2.000 persoas. Dentro do calendario anual da Unidade de Divulga- ción Científica e Cultural, conmemorouse o Día Inter- nacional da Muller e da Nena na Ciencia coa iniciativa “Atrévete a pescudar con elas”, dirixida especialmen- te a nenas da educación primaria e secundaria para incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica, Do mesmo xeito, convocouse o premio Isabel Zendal, orientado a estudantes da etapa de educación secundaria para promover o pensamento crítico e a cultura científica. En colaboración co Servizo de Normalización Lin- güística e co Consello Superior de Investigacións Científicas, elaborouse a versión en lingua galega do calendario científico escolar 2021. Así mesmo,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==