Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XXIX — Introdución a unidade sumouse a iniciativas dirixidas ao PDI e estudantes de doutoramento, como “Somos Cientí- ficos e Científicas”, “¡Sácanos de aquí!” e #HiloTesis (en twitter). n RESPONSABILIDADE SOCIAL A UDC Saudable centrouse fundamentalmente nas estratexias relacionadas coa alimentación e o be- nestar biopsicosocial na comunidade universitaria. Aspectos como a elaboración dos pregos de má- quinas de autovenda e cafeterías, conferencias e infografías sobre alimentación saudable e sostible, batch cooking e etiquetaxe de alimentos. Asináron- se catro convenios con entidades externas. A UDC Saudable colaborou coa plataforma One Health, cos programas Green Campus e con Espazo Comparti- do na inclusión en materias de titulacións oficiais do alumnado con discapacidade intelectual. O VII Ou- tubro UDC Saudable foi co-organizado pola Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI). Ademais, fomentáronse estratexias de concienciación e comu- nicación da promoción da saúde: campañas REUPS e UDC Saudables mensuais, vacinas covid, euromela- noma, cancro ou emocións, entre outras. A Unidade de Atención á Diversidade (ADI ) aten- deu as solicitudes de 63 persoas con discapacida- de e/ou necesidades específicas de apoio educa- tivo relacionadas con axustes sobre o seu currículo educativo universitario. Neste sentido, a Unidade fixo un esforzo por reformar estes axustes ao con- texto virtual e emitir informes, personalizados para cada unha destas persoas, que se fixeron chegar aos centros a través da rede de titores/as de di- versidade. Durante este curso académico incorpo- rouse un sistema de atención ao alumnado por videoconferencia , para chegar a aquelas persoas que por motivos de saúde ou persoais non pui- desen desprazarse ao campus. A Unidade ten unha importante participación na Rede SAPDU , que engloba todos os servizos similares das universidades españolas. Froito desta participación xorden moitas sinerxías de traballo importantes (en- contros virtuais, campañas de divulgación, etcétera.) que teñen como foco principal a nosa universidade. Aínda que por mor da pandemia non se fixeron moi- tas actividades formativas presenciais, a xornada que tradicionalmente organiza a unidade co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi proposta e coorganizada polo alumnado do Progra- ma Espazo Compartido (titulo propio da UDC). Neste curso tamén traballamos na última fase do proxecto para crear un marco para a autoavaliación das universidades españolas na mellora das súas ac- tuacións en materia de inclusión de persoas con dis- capacidade, promovido pola ANECA. O Programa Espazo Compartido despediu á IV pro- moción en 2021 e tamén recibiu a que será a súa V Promoción, que asistirá ao programa durante os dous cursos seguintes. Esta promoción está formada por 17 estudantes que cursarán as materias teóricas e prácticas do título e ademais participarán en materias impartidas noutros títulos. Como novidade, disporá da posibilidade de realizar mobilidade nacional no primeiro curso e internacional no segundo. n VOLUNTARIADO A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), que ten como obxectivo a construción dunha cidadanía crítica mediante un amplo programa de accións for- mativas e de sensibilización, coordinou 19 proxec- tos propios de voluntariado no eido sanitario, do senfogarismo , da diversidade funcional, de maiores, en penitenciarías, de inmigración, de menores e de sensibilización. Ademais, segue a promocionar a me-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==