Memoria 2021. Informe do Reitor ao claustro
— XXX — memoria 2021 todoloxía de aprendizaxe-servizo. En 2021, presen- táronse 23 proxectos á convocatoria de Avaliación de Aprendizaxe e Servizo. A OCV desenvolveu, por encargo de CRUE, un mapa interactivo para visibilizar as axudas que cada uni- versidade española pon a dispor das persoas refu- xiadas ou en situación de protección internacional. Igualmente, continuamos coa nosa política de axuda a este colectivo, concedendo catro bolsas para inicio ou continuación de estudos universitarios. Canto á formación, cómpre unha mención singular para as diferentes xornadas de sensibilización e for- mativas en materia de inmigración, persoas refuxia- das, persoas sen fogar ou educación para o desenvol- vemento, nas que participaron 209 persoas , ademais dos cursos propios de formación para o voluntariado de nova incorporación. O compromiso e o labor desenvolvido pola OCV no servizo á cidadanía con motivo da pandemia tiveron o seu recoñecemento cun premio concedido pola Aso- ciación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña. E non quixera rematar esta introdución sen mencio- nar que no verán démoslle a benvida á Asociación de Antigos Alumnos e Alumnas, Alumni UDC . Ábrese así unha xanela máis de relación coa sociedade, nes- te caso con profesionais formados nos nosos propios campus. A asociación naceu co propósito de fomen- tar as colaboracións cos actuais alumnos e alumnas para promover a súa formación e a súa integración no mercado laboral. Julio Abalde Alonso Reitor da Universidade da Coruña
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==