Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XVIII — memoria 2022 e promover unha aprendizaxe integral. Ademais, a Universidade Sénior estendeu o seu compromiso co Proxecto de Democratización do Coñecemento e realizou xornadas formativas fóra dos seus campus universitarios en diversas comarcas. Durante o ano 2022, desenvolvéronse un total de 4 xornadas en que se impartiron 43 materias de diferentes temáti- cas. Desde o seu inicio en 2018, este proxecto alcan- zou xa as 15 edicións e nel participaron aproximada- mente unhas 500 persoas. A través desta iniciativa a UDC conseguiu levar a formación ao longo da vida á Costa da Morte, Betanzos, As Pontes, Ortigueira e Arteixo. n INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA Durante o ano 2022 a Investigación e Transferencia na UDC seguiu marcada pola recuperación da pan- demia da COVID19, condicionada pola acelerada transformación que están a sufrir as sociedades occi- dentais europeas no tránsito desde a pandemia cara á unha nova organización do espazo político e social. Baixo as premisas de garantir e fortalecer o siste- ma de I+D da Universidade da Coruña , ao logo deste 2022 continuouse a traballar no proceso de fortalecemento dos centros de investigación . Neste sentido, aprobouse a creación da rede de centros. Esta acción enmárcase nunha estratexia de agrupación de capacidades e complementariedades buscando un ecosistema activo baseado no traballo en rede. Esta rede de centros ten como obxectivo a coordinación das accións necesarias que dean res- posta á planificación estratéxica da UDC. Esta adap- tación centrou moitas das actuacións da política de investigación da UDC que reforzou os centros con infraestruturas conseguidas en convocatorias na- cionais competitivas e con recursos humanos, tan- to de investigadores como de tecnólogos, que per- mita o fortalecemento dos centros de cara ás futuras acreditacións e captación de recursos. A captación de recursos externos para a investiga- ción durante o ano 2022 ascendeu a 17,3 millóns de euros, moi similar ao conseguido no ano 2021, en que foi de 17.6 millóns. Desta captación de re- cursos é destacable a cifra de 15,9 millóns obtidos por proxectos competitivos fronte aos 10.8 do ano anterior e que marca un fito histórico na UDC, cun total de 97 proxectos. Neste ano 22 tamén se asinaron 275 contratos con empresas , cun importe total de 5,3 millóns de eu- ros , o que supón tamén un máximo histórico para a UDC. Estas cifras de crecemento en proxectos pódense ver representadas cando se analizan pola contribución propia dos nosos centros de investiga- ción (CITIC, CICA, CITEEC e CITENI). Como se pode observar en todos se están a producir aumentos en proxectos e proxectos competitivos. A estas axudas debemos engadir un total de 3,7 millóns conseguidos na convocatoria de conso- lidación de grupos de investigación da Xunta de Galicia , que se repartiron en 9 grupos de referencia competitiva e 8 novos grupos de potencial crece- mento, e resaltar 6 novos proxectos na modalidade de traxectoria excelente. Con respecto á captación de talento, cabe destacar a cifra de 102 novos investigadores en convocatoria competitivas que, aínda que tamén representa un máximo, hai que ter en conta a participación en no- vos programas como os Investigo ou os Margarita Salas e María Zambrano, o que non fai compara- ble os datos con anos anteriores. Neste apartado a brecha de xénero, aínda que se acurtou, segue sen- do preocupante cun total de 56 homes fronte a 46 mulleres. A UDC tamén logrou incorporar 6 novos Ramón y Cajal.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==