Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XIX — Introdución No que respecta ás publicación científicas, a cifra no ano 2022 foi de 1047 artigos , algo inferior ao ano 2021, aínda que cun aumento do número de publi- cacións nos primeiros postos Q1, un cambio que está sendo tamén similar noutras institucións, condi- cionado pola avaliación que se está a facer por con- vocatorias externas, onde se priman publicacións en determinadas revistas con alto índice de impacto. Por outra banda, durante o 2022 púxose en marcha o Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia “As- teleiro 5.0”. Este centro, promovido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) en convocatoria públi- ca, sitúa a UDC como a única universidade galega en conseguir un Centro Mixto de Investigación. O obxectivo é darlle continuidade á relación existente coa empresa pública Navantia en temas de innova- ción, e estará centrado na investigación no Xemelgo Dixital. n ORZAMENTO A UDC presenta un orzamento para o ano 2022 de 147,93 millóns de euros (147 925 010,60€) o que su- pón un incremento nominal dun 7,98 % con respecto ao ano 2021. O incremento de gastos de persoal foi do 1,68 % (102,127 millóns de euros fronte a 103,84 millóns de euros) se ben non está incluído o incremento retribu- tivo para o ano 2022. O gasto corrente, que supón un 12,62 %, incrementouse un 15,79 %, motivado polo incremento xeneralizado dos prezos, nomeadamen- te a inflación. As transferencias correntes ascenden a 4,67 millóns de euros, que representa un 3,16 %, e diminúe un 1,72 %. No apartado dos investimen- tos reais existe un incremento do gasto do 52,09 % e alcanza unha contía de 20 millóns de euros —co efecto redondeo— o que representa un 13,52 %. No que se refire aos ingresos, o capítulo III acada un valor de 17,013 millóns de euros , o cal é moi similar ao do ano anterior, o que supón un incremento do 0,03 %. A principal fonte de financiamento de UDC son as transferencias correntes . Para o conxunto do capítulo IV –que representa un 69,87 %– hai un in- cremento con respecto ao ano 2021 dun 6,87 %, ao pasar de 96,71 a 103,35 millóns de euros . As trans- ferencias por capital experimentan un incremento dun 20,10 %, ao pasaren de 22,24 millóns de euros no ano 2021 a 26,71 millóns de euros no ano 2022. O activo financeiro diminúe un 25,02 %, mais non é significativo no conxunto, xa que só representa un 0,35 %. Igualmente, os ingresos patrimoniais teñen un peso do 0,22 % e diminúen un 2,94 %. A liquidación do orzamento do exercicio 2021 apro- bouse no Consello de Goberno en novembro de 2022. Fíxose a auditoría e posteriormente foi apro- bada polo Consello Social. As principais conclusións da liquidación orzamentaria pódense concretar sin- teticamente. A execución total de 2021 acada o 84,77% (83,43% en 2020). A execución no capítulo VI de gastos (in- vestimentos reais) foi no ano 2021 do 58,81 %. Os pagamentos realizados situáronse no 95,43 % e expe- rimentaron un incremento con respecto ao ano 2020, en que a porcentaxe de pagamentos no exercicio foi dun 94,85 %. Isto segue a supor un bo grao de cumprimento cos provedores . A relación de dereitos recoñecidos netos e obrigas recoñecidas presenta un saldo negativo de 2,90 millóns de euros. A recadación neta continuou a mellorar pasando de 127,66 millóns de euros en 2020 a 131,15 millóns de euros en 2021. A análise por diferentes capítulos de gasto e ingresos pódese resumir do seguinte xeito. No caso das transferencias correntes , a cifra foi su- perior ao previsto (97,53 millóns de euros fronte a 96,71 millóns de euros). No caso dos ingresos patri-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==