Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XX — memoria 2022 moniais non se puido alcanzar a previsión por mor da crise da covid-19. Moitos dos ingresos previstos por alugueiros de locais ou espazos ou canons non se puideron executar, ben pola condonación dos ca- nons ou ben porque se cancelaron moitos actos ou eventos en recintos da Universidade (Reitoría, Para- ninfo, salóns etc.) polos que se cobran tarifas de uso. En consecuencia, non se puido cumprir coa estima- ción de final do ano 2019. Por esta razón, a previsión inicial de 0,340 millóns soamente puido chegar a 0,136 millóns de euros. No que se refire ás transfe- rencias de capital , esta contía increméntase debido ao crédito incorporado procedente do exercicio an- terior, así como dos proxectos de investigación au- tonómicos, nacionais ou europeos e convenios que van xurdindo durante o exercicio económico. Así, a cifra que finalmente se executou foi de 31,076 mi- llóns de euros. No caso dos gastos , con respecto aos gastos de persoal , chegou aos 102,72 millóns de euros, men- tres que o capítulo 2 acadou os 14,52 millóns de eu- ros. Os gastos financeiros acadaron unha contía de 0,016 millóns de €, se ben este dato en termos abso- lutos non é significativo. O pasivo financeiro acadou os 0,52 millóns de euros, xa que no ano anterior se establecera unha moratoria por parte do Ministerio en que se permitía aboar cotas de amortización dos anticipos reintegrables na seguinte anualidade. O actual contorno socioeconómico vén condicionado por dous factores como son a incerteza económica e a subida xeneralizada de prezos, nomeadamente a inflación. Ambas as dúas variables están a influír moi negativamente na evolución da taxa de crecemento do PIB e dos prezos, o que minora a recuperación económica. Esta situación está a provocar a aparición de problemas socioeconómicos e unha gran perda do poder adquisitivo. Este contorno estase a agra- var pola inestabilidade xeopolítica e pola aparición dunha crise enerxética cunha gran dependencia do gas natural. O incremento en gasto corrente no ano 2022 con respecto ao ano 2021, motivado por este contex- to inflacionista e de subida xeneralizada de prezos, especialmente nas fontes de enerxía (gas, gasóleo, enerxía eléctrica), está a ser de 2,6 millóns de euros. As medidas de aforro intensificaranse principalmente nos meses de maior consumo e custo de enerxía, no- meadamente entre os meses de novembro e marzo. Por estas razóns, a Universidade da Coruña aprobou en Consello de Goberno do 3 de novembro de 2022 desenvolver programas e medidas de mellora da efi- ciencia enerxética centradas no aforro enerxético e de redución do impacto medioambiental . A finali- dade destes programas é a de acadar un maior aforro enerxético e de redución da pegada ecolóxica. n PROFESORADO No ano 2022 mantívose a tendencia nas políticas de acceso e promoción do persoal docente e in- vestigador da UDC, sempre condicionadas polo marco económico. Dunha parte, acadouse o obxec- tivo de garantir que todo o profesorado interino de substitución que cubre docencia estrutural ti- vese a posibilidade de entrar na carreira acadé- mica mediante a creación do número necesario de prazas de axudante doutor/a; polo que se acomete unha nova fase en que temos en conta non só as necesidades actuais de reposición senón as futuras, de acordo coas previsións de xubilación forzosa do noso cadro de persoal. E, doutra parte, incrementou- se o profesorado axudante doutor que acadou a súa funcionarización ou a súa estabilización antes dos últimos anos de contrato , coa oferta de prazas de titular de universidade e de profesor/a contratado/a doutor/a. A Oferta de Emprego Público (OEP 2022) do persoal docente e investigador da UDC chegou ás 82 pra-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==