Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XXI — Introdución zas. Tras a negociación e o acordo cos órganos de representación do PDI, o Consello de Goberno, re- unido o 24 de febreiro de 2022, destinou 18 prazas de profesor/a contratado/a doutor/a á estabilización do profesorado axudante doutor en situación de fin de contrato e 27 prazas á promoción a titular de uni- versidade do profesorado contratado doutor, o que permitiu funcionarizar directamente máis profesores/ as axudantes doutores/as acreditados/as e destinar novas prazas adicionais de profesorado contratado doutor á estabilización deste colectivo, sen agardar á finalización do seu contrato. Engádense 12 prazas de profesor/a contratado/a doutor/a ao programa de retención e captación de talento, para permitir a futura estabilización dos/as investigadores/as captados mediante convocatorias de excelencia. Ademais, en aplicación do disposto na Lei de orzamentos xerais do Estado, 8 prazas de profesor/a contratado/a doutor/a e 3 de titular de universidade (15 % do total) reserváronse para a in- corporación de persoal investigador doutor que fina- lizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certi- ficado I3. Finalmente, inclúense 12 prazas de catedrático/a de universidade polo procedemento de promoción in- terna nesta OEP 2022. Unificouse a convocatoria para establecer as áreas de coñecemento das prazas desta oferta, reguladas polos criterios negociados e acordados cos órganos de representación do PDI, en que se presentaron 28 candidatos/as con acreditación a titular de universi- dade e 12 candidaturas admitidas con acreditación de catedrático/a, caso en que a data de acreditación da última asignación chegou ata xullo de 2021. Fun- cionarizáronse 10 axudantes doutores/as e estabili- záronse como contratado/a doutor/a outros 20 profe- sores/as deste colectivo. Ademais, asignouse 1 praza de titular de universidade e 1 praza de contratado/a doutor/a para a estabilización de investigadores do programa Ramón y Cajal en fin de contrato e, final- mente, outra praza para a estabilización de profeso- rado afectado pola transitoria 3ª dos Estatutos. Novamente, os aspectos económicos relativos ao mantemento da masa salarial constitúen a principal dificultade da nosa política de profesorado e, como xa se indicara no ano anterior, non mudaron coa aprobación do novo Plano de financiamento das uni- versidades do SUG. O incremento anual de trienios e quinquenios derivados do crecemento vexetativo do cadro de persoal, de complementos autonómi- cos e de sexenios de investigación, supón que nos situemos no límite dos custos de persoal que fixan as leis de orzamentos para a UDC. Os recursos para financiar os importes correspondentes a estes con- ceptos, así como as contías das prazas para manter as figuras recollidas no II Convenio colectivo laboral con compromiso de estabilización e das prazas para facer fronte a necesidades urxentes e inaprazables, son moi limitados e proceden basicamente de xubi- lacións. Estas lmitacións condicionan a contratación de novo persoal, co conseguinte escenario de falta de reno- vación e inestabilidade para os proxectos docentes, de investigación ou de transferencia á sociedade dos seus resultados, que tanto preocupan ao conxunto da comunidade universitaria. Os esforzos dos órganos de goberno da UDC cen- tráronse en minimizar os efectos neste contexto res- tritivo e en manter estable o número de efectivos, polo que se priorizou a estabilización do profesorado e investigadores que se estiveron formando con éxi- to na nosa universidade e maximizando as posibili- dades de promoción. Os datos referidos ao pdi por tramos de idade e sexo correspóndense coa media das universidades públicas, de acordo co informe do Ministerio de Universidades “Datos y Cifras del Sis- tema Universitario Español, publicación 2022-2023”. Desde a perspectiva de xénero pódese observar que
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==