Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXII — memoria 2022 a presenza masculina concéntrase especialmente nos maiores de 55 anos, reducíndose para outros tramos de idade, evidenciando a tendencia cara a igualdade. Ademais dos acordos acadados para a aprobación e execución da oferta pública de emprego, destacan as seguintes medidas: –– O número de convocatorias públicas de PDI per- manente realizadas no ano 2022, incluíndo prazas da OEP 2022 e anteriores, ascende a 61 prazas : 18 de profesor/a contratado/a doutor/a, 30 de titular de universidade e 13 de catedrático/a de universidade. –– Coa publicación da Lei 20/2021, do 28 de decem- bro, tendente á redución da temporalidade no em- prego público, a UDC priorizou a necesidade de garantir que todo o profesorado contratado interi- no de substitución que sexa estrutural e que con- te cunha acreditación poida optar a unha praza de axudante doutor . En 2022 incrementáronse a 42 as prazas asignadas no programa de axudantías , en dúas convocatorias, e decidiuse unha convocatoria extraordinaria en xaneiro de 2023 dirixida ao profe- sorado temporal que poida ser estrutural en 2024, en que se engadiría por primeira vez unha reserva de prazas para persoas con discapacidade. –– En 2022 convocáronse 108 concursos de profesor/a asociado/a ou contratado/a interino/a de substi- tución sobre a base das instrucións da Secretaría Xeral de Universidades para a provisión temporal de postos de PDI para cubrir necesidades docentes urxentes. –– O seguimento do cadro de persoal de PDI incorpo- rou o procedemento para a aprobación da RPT do PDI da UDC o 31 de decembro de 2021 , e preparou a súa actualización para o 31 de decembro de 2022, e recuperou unha ferramenta para ordenar as políti- cas de estabilización e promoción do profesorado. n INTERNACIONALIZACIÓN No que concirne aos programas de mobilidade in- ternacional de estudos e persoal a través do progra- ma Erasmus 2021-2027 , continúa a prestar a opor- tunidade de se abrir a todos os países do mundo a través da denominada “dimensión internacional”, especialmente para aquelas rexións que non entran na acción 131 ou na acción 171 do dito programa. Con respecto a esta última, relativa á mobilidade con países asociados de fóra da UE, na solicitude de 2022 aumentamos os países participantes e afiánzase a zona xeográfica dos Balcáns Occidentais e os países de veciñanza do leste como Ucraína. A través deste financiamento puidemos acoller, en colaboración coa OCV, estudantado e profesorado tras o inicio da guerra . Como novidade, coa intención de ampliar as áreas xeográficas solicitamos fondos para África Subsahariana, en concreto Cabo Verde. Do programa SICUE de mobilidade entre universi- dades españolas beneficiáronse un total de 72 estu- dantes entrantes e 91 saíntes . Séguense a asinar, renovar e aumentar o número de áreas nos convenios existentes con todas as universidades públicas e al- gunhas privadas. A captación de fondos e a presenza da UDC en alianzas estratéxicas internacionais segue medran- do a través da participación en proxectos do progra- ma Erasmus+ , tanto como institución coordinadora como participante. A colaboración iniciada neste sentido cos campus de especialización e en concreto co Campus Industrial de Ferrol (CIF), facilita o pro- gresivo aumento de solicitudes, que alcanzou xa os 21 proxectos en 2022. Neste ano rematou tamén o POPTEC-Interreg UNISF coa implantación do Máster en Desafíos das Cidades e os programas de douto- ramento en Matemáticas e Aplicacións e Ciencias Sociais e Envellecemento, titulacións conxuntas en- tre as tres universidades galegas, a Univ. de Porto,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==