Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XXIII — Introdución a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e a Universidade do Minho. Como novidade salientable neste eido, a UDC asinou en 2022 un convenio de participación na alianza de universidades EMERGE xunto con 8 universi- dades de Irlanda, Francia, Alemaña, Grecia, Chipre, Eslovaquia e Noruega. A Alianza EMERGE solicitou financiamento dentro do programa Universidades Europeas . En canto ao alumnado estranxeiro matriculado na UDC, seguimos aumentando a un ritmo do 5 % do total da matrícula no ano 2022. Por país de orixe, destacan en número os estudantes procedentes de Perú, Marrocos, Portugal e Venezuela . Os centros que recibiron máis alumnado internacional regular son a EPEF (89), a Facultade de Socioloxía (78), a Fa- cultade de Economía e Empresa (78) e a Facultade de Ciencias (72). No referente ás medidas de internacionalización que adopta a UDC, cómpre salientar a evolución do profesorado con docencia en inglés que segue a medrar, cun incremento do 10 % respecto ao curso previo, tendencia que se vén repetindo nos último anos. De xeito similar, os créditos impartidos en in- glés superan nun 11 % aos do curso anterior. Todo isto indica que esta oferta crece a bo ritmo e nos consolidamos, non só como primeira universidade do SUG en oferta en lingua estranxeira, senón tamén como unha das universidades con maior docencia en inglés a nivel estatal. Dentro das actividades de promoción internacional destacan a asistencia a eventos de networking varia- dos (universidades de Taiwán), sesións de coopera- ción transnacional organizadas pola EU e feiras do sector European Association for International Educa- cion (EAIE) en que se fomenta a colaboración con outras universidades e se visibilizan os fitos conse- guidos pola UDC. No ano 2022 destaca a visita a Pa- namá, auspiciada polo Ministerio de Exteriores deste país e que está a dar como froito un intenso traballo conxunto, nomeadamente nas áreas de Enxeñaría Naval, Náutica e Enxeñaría de Camiños. A promoción e visibilización da UDC complétase coa organización anual da Staff Week que atrae persoal non só para a aprendizaxe da lingua española e a cultura galega senón tamén a demostración das ca- pacidades da universidade. Algo similar sucede coa International Summer School , unha ventá aberta da UDC cara ao mundo, que incrementa o número de estudantes e profesores participantes anualmente. A promoción internacional é un dos eixes fundamen- tais da convocatoria das Axudas á Internacionalza- ción que contribúe a potenciar o establecemento de titulacións duplas ou conxuntas, a participación en proxectos europeos, a organización de escolas de verán, a colaboración estable para programas de docencia en inglés e a acción estrela, as axudas para docencia en América Central e do Sur como área es- tratéxica. No campo da internacionalización na casa , en 2022 destaca a participación en iniciativas COIL (Colla- borative Online International Learning), programas de aprendizaxe colaborativa en liña. Ademais neste campo seguen a se publicar as convocatorias de pro- fesorado visitante de fala inglesa e as convocatorias de competencias lingüísticas en idiomas estranxeiros impartidos polo Centro de Linguas. Incrementouse, así mesmo, a oferta de cursos para fins específicos en inglés, así como o número de linguas ofertadas (cursos de chino e ucraíno). Están á alza os cursos de español para estranxeiros que impulsan a visibiliza- ción da UDC. O Centro de Linguas tamén contribuíu á formación de PAS en habilidades lingüísticas en inglés a través da impartición de cursos de uso da linguaxe propia dos seus postos de traballo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==