Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXIV — memoria 2022 n INFRAESTRUTURAS E SUSTENTABILIDADE A UDC continuou no ano 2022 coa súa aposta de futuro pola sustentabilidade e levou a cabo impor- tantes e destacables accións relacionadas co aforro e a eficiencia enerxética . Nesta esencial liña de traballo, este ano obtivéron- se doce subvencións do Instituto da Enerxía de Ga- licia (INEGA) con fondos MRR (Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia) 2021-2024, dentro da iniciativa europea Next Generation, en relación con doce instalacións fotovoltaicas para outros tantos centros universitarios. A este respecto, no pasado exercicio realizáronse os proxectos técnicos destas iniciativas, que serán executados no ano 2023. As novas instalacións achegarán datos á plataforma informática propia da UDC, xa creada, para a infor- mación, xestión e control de datos enerxéticos e am- bientais. Esta plataforma segue a crecer, ao incorporar datos procedentes dos diferentes centros da nosa uni- versidade, vinculados ao consumo de electricidade, gas, auga e xeración térmica. Recóllense tamén datos referentes á ocupación de espazos, temperatura, hu- midade, calidade do aire e concentración de radon. Para avanzar na materialización destes proxectos, xa se acondicionaron case todas as cubertas que portarán estas instalacións para mellorar así as súas envolventes térmicas. Os edificios sobre os que se traballou foron as Facultades de Socioloxía e de Ciencias da Comunicación, a Facultade de Informáti- ca, a Facultade de Dereito, a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e o edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura. Por outra banda, en 2022 creáronse novos espazos para a docencia e a investigación coa execución de dúas obras relevantes: a rehabilitación da antiga re- sidencia de Batallóns e a ampliación do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA). Coa rehabilitación do Edificio de Batallóns incor- póranse ao campus de Esteiro en Ferrol un aula de mestrado e despachos para grupos de investigación. Co acondicionamento do semisoto do CICA, antes dedicado a almacén, créase un animalario para a produción e o mantemento de ratos, ratas e peixes, cun laboratorio, zona de lavabo, vestiario con aseo e duchas e tres zonas de traballo. É unha ferramenta imprescindible en moitos proxectos de investigación en biomedicina e resulta un instrumento docente de grande utilidade. — Avances na Cidade das TIC En canto ao proxecto estratéxico da Cidade das TIC , no ano 2022 comezaron as obras do Centro de Ser- vizos Avanzados (CSA), o primeiro edificio do com- plexo, que finalizarán este ano. Tamén se presentou o proxecto de mellora de accesos e dotación de subministracións básicas para a súa posta en fun- cionamento inicial, financiado con fondos proceden- tes dun convenio co Concello da Coruña. Ademais, continuouse a necesaria tramitación urbanística do complexo coa presentación do Estudo de Detalle e iniciáronse, paralelamente, as tramitacións coa De- putación da Coruña para a realización doutro gran proxecto de futuro: un edificio de nova planta que se converterá nun estudio virtual con tecnoloxía emer- xente e punteira en produción audiovisual. — Medio ambiente A Oficina de Medio Ambiente (OMA) , dependente da Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade, continúa as súas actividades con moito éxito, mello- rando ano a ano a participación no curso “Campus, Casa e Cidade: Laboratorios do Cambio”, dentro do proxecto “Educando para a Sustentabilidade”, entre outros. Tamén continuou o programa Green Campus , en que participan xa case todos os centros docentes da

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==