Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XXV — Introdución UDC; ademais, vanse incorporar ao programa os cen- tros de investigación. Este ano 2022 foron avaliados positivamente 10 centros, galardoados coa Bandeira Verde. Por outra parte, mantivéronse as actividades relacio- nadas coa protección da biodiversidade (coa xestión do monte da Fraga), a caracterización de residuos e o mantemento dos puntos de compostaxe, as cam- pañas de aforro de auga, enerxía e papel, o uso da bicicleta, a xestión das hortas urbanas comunitarias de Elviña etcétera. No eido da mobilidade sustentable en 2022 incor- poráronse ao programa de préstamo 20 bicicletas eléctricas, con financiamento dunha subvención den- tro do programa de incentivos a mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) do INEGA. Tamén tiveron continuación outras actividades como a IV edición do Premio UDC Sustentabilidade para TFG e TFM, ao que cada ano se presenta máis alum- nado. Todo o traballo realizado estase vendo reflectido nos resultados obtidos pola UDC no Ranking GreenMe- tric : na publicación do 12 de decembro de 2022 ocu- pamos a quinta posición entre as 29 universidades españolas avaliadas. No ámbito internacional, a nosa universidade atópase na posición 90ª das 1050 uni- versidades estudadas, o que a sitúa no 9 % das uni- versidades líderes no mundo e a primeira do Sistema Universitario Galego. n ALUMNADO A Vicerreitoría de Estudantes, co apoio das distintas vicerreitorías, mantivo ao longo do ano 2022 unha in- terlocución aberta e permanente co estudantado da UDC a través dos seus representantes, e co conxunto do alumnado para coñecer de primeira man as cir- cunstancias que lles estaban afectando. Dende esta vicerreitoría publicáronse 14 convoca- torias de bolsas, axudas e premios para o estu- dantado , poñendo especial atención nas financiadas con fondos propios da UDC para que ninguén que- de fóra da Universidade por problemas económicos. Investíronse máis de 2 500 000 € en convocatorias propias : prazas de aloxamento nas residencias uni- versitarias da Coruña e Ferrol, axudas ao transporte urbano e metropolitano (bono-bus), bolsas comedor, axudas para o alumnado en situación de dificultades económicas, Premios Excelencia UDC á mellor nota de admisión nos graos, axudas para os gañadores de Olimpíadas Científicas, bolsas Santander Progreso, bolsas de colaboración en departamentos e forma- ción complementaria e bolsas para estudos de más- teres universitarios oficiais. Ademais, provocada pola COVID-19 estableceuse unha liña de axuda dirixida a estudantes con problemas de conectividade que se segue mantendo pola súa boa acollida. No curso 2021-22 o total de alumnado beneficiado foi de 81 estudantes, e na convocatoria 2022-23 ata decembro de 2022 foi de 14. Hai que salientar que en setembro de 2022 se asi- nou un convenio co Concello da Coruña para ofrecer unha tarifa plana universal no bus urbano para o alumnado dos campus de Coruña, para o que se es- tableceu na tarxeta Millenium o perfil de estudante universitario. Coa finalidade de dar a coñecer a oferta formativa, os recursos e as posibilidades para o desenvolvemento dunha vida universitaria rica en experiencias, a Vice- rreitoría de Estudantes desenvolveu unhas Xornadas de Portas Abertas Virtuais o 30 e 31 de marzo de 2022. O obxectivo era que o alumnado de bachare- lato e de ciclos formativos de grao superior, profesio- nais orientadores e profesorado de institutos, pais e nais e todas as persoas interesadas puidesen coñecer
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==