Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XXVI — memoria 2022 os títulos da UDC, e conversar en directo co profeso- rado. Ademais, a Universidade informou tamén das opcións de aloxamento nas residencias universitarias públicas da Coruña e Ferrol, así como diversos servi- zos de interese para o alumnado, como a Unidade de Atención á Diversidade, a Oficina de Relacións Inter- nacionais, a Oficina de Cooperación e Voluntariado, a Oficina de Medio Ambiente, o programa Espazo Compartido ou os cursos do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa, así como outros servizos da UDC de interese para a súa formación. A importante acollida púxose de manifesto a través das visitas e sesións con chats en directo a través da páxina web e as visualizacións de vídeos da UDC que rexistraron preto de 12000 visitas. Debido ao interese suscitado, a UDC mantén activa a páxina web das Xornadas e a divulgación dos seus vídeos. Ademais, ofrecéronse máis de cen actividades de divulgación científica para o alumnado de secun- daria, bacharelato e formación profesional. Por petición dos centros, no curso 2021/22 un total de 72 docentes impartiron 124 charlas e obradoiros en liña ou presenciais . Completamos as actividades de difusión cunha xuntanza híbrida cos orientadores es- colares de Galicia, Asturias e León para dar a coñecer a oferta académica e as actividades de divulgación da UDC e toda a información sobre a ABAU. Preto de 300 orientadores inscribíronse a esta xornada que se realizou na Escola de Camiños, Canais e Portos, con visita posterior ao CITEEC. É de destacar que na páxina web de Futuros Estudantes se creou un apar- tado específico para os orientadores escolares en que proporcionamos información das nosas activida- des de divulgación e potenciamos as visitas ás nosas facultades e escolas, aos centros de investigación e institutos universitarios. Coa intención de lle dar a benvida ao noso estu- dantado e dar coñecer a oferta de actividades do curso académico 2022/23, celebramos en setembro de 2022 unhas xornadas presenciais no Estadio Uni- versitario de Elviña (no campus de Elviña) e na Praza de Humanidades (no campus de Esteiro) o xoves 15 de setembro. Nesta xornada festiva a participación do estudantado foi de cerca de 3 400 persoas na Co- ruña e ao redor de 800 en Ferrol que gozaron de actividades deportivas, culturais e medioambientais. Contamos con 51 postos informativos de diferentes servizos e unidades da UDC. No impulso á participación do estudantado outro fito destacado de 2022 foi a selección, por primeira vez, da Universidade da Coruña para participar no pro- grama EU Careers Ambassadors (22-23). Cada ano, un número limitado de universidades de cada país da Unión Europea pode entrar no programa; no caso de España trátase dun máximo de cinco. Con este programa, a Oficina Europea de Selección de Per- soal (EPSO) busca que estudantes das universidades europeas seleccionadas asuman durante un ano aca- démico as funcións de representantes da Oficina nos seus lugares de formación. Tras a publicación dunha convocatoria para o estudantado da UDC, Alfonso Martínez González, alumno do grao en Dereito re- sultou elixido e comezou o seu labor en outubro de 2022 que rematará en setembro de 2023. A UDC segue a colaborar coa Dirección Xeral de Xu- ventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social no programa “Correspondentes Universitarios” . O obxectivo deste programa é difun- dir os diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece aos mozos e mozas galegas, así como outra información de interese, entre o alum- nado das tres universidades galegas. Os estudantes, como correspondentes universitarios, son os encarga- dos de transmitir esta información, un feito que favo- rece a súa participación activa tanto na elaboración como na difusión da información entre iguais. É de destacar que a alumna da Escola Universitaria de Deseño Industrial, María Bañón Goiriz, recibiu o Premio Hélice ANECA á Calidade Académica na
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==