Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXVII — Introdución categoría de estudantado. Os premios Hélice ANE- CA representan un recoñecemento ás universidades e outras institucións de educación superior españo- las en que a súa comunidade destaque nos compro- misos académicos ao servizo dos intereses xerais e da cidadanía, sempre en consonancia cos principios e valores de calidade polos que vela a Axencia. n EMPREGABILIDADE En relación co emprego e a empregabilidade, en 2022 leváronse a cabo diferentes accións destinadas ao desenvolvemento de competencias para a mello- ra da empregabilidade do noso estudantado. Así, levouse a cabo unha nova edición do “Programa de Mellora da Empregabilidade nos Centros da UDC (PMEC)”, conformado por tres módulos dedicados ao autoemprego, á procura de emprego por conta allea e á presentación de experiencias reais de in- serción laboral. O programa desenvolveuse tanto de xeito presencial como virtual, a demanda das diferen- tes facultades e escolas, excepto o módulo III que é común para todas elas. Continuando coa parte de formación, tamén se im- partiron dous cursos en formato virtual en colabora- ción co CUFIE. O curso “Emprendemento e Auto- emprego ” revisa os contidos relacionados coa figura do emprendedor, o plan de negocio e a proposta de valor, a constitución dunha empresa e as vías de financiamento. En relación ao curso “Mellora da Em- pregabilidade ”, este céntrase na análise das compe- tencias profesionais persoais, os procesos de selec- ción das empresas e a procura de emprego. Igualmente, a Unidade de Emprego impartiu diferen- tes relatorios e seminarios por petición dos centros, e acudiu por exemplo, a xornadas de orientación pro- fesional e feiras de emprego, e colaborou co Plan de acción titorial da Facultade de Economía e Empresa. En outubro de 2022 organizouse por quinto ano con- secutivo o “Foro Avanza”, un punto de encontro entre o estudantado e os axentes do mercado labo- ral. Ao longo de dous días tiveron lugar relatorios, obradoiros e mesas redondas co fin de mellorar a empregabilidade do alumnado. No último día cele- brouse unha Feira de Emprego presencial en que contamos coa participación de empresas de todos os ámbitos de coñecemento. Ademais do contacto directo nos mostradores informativos, varias destas entidades levaron a cabo presentacións corporativas e/ou procesos de selección de ofertas publicadas con antelación ao evento. A UDC sumouse en 2022 a un novo proxecto, o Pro- grama Campus Rural de prácticas universitarias no medio rural , froito da colaboración entre o Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITE- CO), o Ministerio de Universidades, e as universida- des públicas españolas. O principal obxectivo desta iniciativa é incentivar a chegada de capital humano aos espazos máis despoboados e tratar así de dina- mizar o seu tecido produtivo, social e institucional. O programa tivo moi boa acollida entre o estudantado e adxudicouse o número máximo de bolsas, un total de doce. Na liña de lles ofrecer oportunidades de participación aos/ás nosos/as estudantes en iniciativas vinculadas ao emprendemento, por sétimo ano consecutivo, a UDC participou no programa “Explorer” , auspicia- do por Santander Universidades. Este programa ten por obxecto impulsar o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo. Igual que no ano anterior, o programa desenvolveuse en dúas sedes (Ferrol e Coruña) e de xeito híbrido entre os meses de xaneiro e maio, baixo a coordinación da Unidade de Emprego. Ao mesmo tempo, e co fin de promover a cultura emprendedora entre o estudantado, con base nun convenio asinado coa Fundación Junior Achievement, a UDC comezou a súa colaboración na iniciativa de emprendemento

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==