Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXVIII — memoria 2022 “Startup Programme” , a cal ten como finalidade apoiar os estudantes nas súas capacidades empren- dedoras. Tamén no eido do emprendemento convén subliñar que continuamos colaborando co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Uni- versitaria (CIXUG) para o fomento daquel a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbi- to da UDC. Igualmente, a UDC participa, cada vez en maior me- dida, en concursos de estratexia e competicións de resolución de retos, que enriquecen a formación do estudantado ao poder desenvolver as súas capaci- dades e habilidades de análise e resolución de pro- blemas, de toma de decisións e de xestión. Estas accións adóitanse facer en colaboración con gran- des empresas nacionais e internacionais. Cómpre destacar os bos resultados do estudantado da UDC en programas desta índole, como o Global Manage- ment Challenge ou Hunger4Innovation (unha novi- dade do ano 2022), entre outros. Cómpre subliñar tamén a continuidade da colabo- ración da UDC no programa “Xuventude Mento- ring ”, que comezou co nacemento deste programa en 2021. Trátase dunha iniciativa integral de forma- ción en mentoring destinada a persoas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia, e está promovi- do pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o CIXUG, en colaboración coas tres univer- sidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil. A segunda edición tivo lugar entre setembro e nov- embro de 2022. Desde a Vicerreitoría procuramos fortalecer a liga- zón coa nosa contorna a través de accións como a xa mencionada Feira de Emprego, o establecemento de conversas e a sinatura de acordos con entidades para a colaboración na mellora da empregabilida- de ou a asistencia a eventos en que interactuamos coas entidades. Como exemplos destacados destas accións podemos sinala dous, por unha banda, a co- laboración coa Consellería de Emprego e Igualda- de (Dirección Xeral de Formación e Colocación) no desenvolvemento dun proxecto de xeración de co- ñecemento sobre as necesidades de formación no mercado laboral, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia. O proxecto esténde- se por dous anos, 2022 e 2023, e na súa realización implicaranse diferentes unidades e axentes da UDC. Por outra banda, a nosa universidade participou en calidade de entidade de apoio ao emprendemento no “I Encontro de Emprendemento” do Concello da Coruña, o día 1 de outubro de 2022. Neste en- contro participaron tanto entidades promotoras do emprendemento como proxectos emprendedores que fosen asesorados e apoiados polas ditas entida- des. De xeito destacado, o proxecto BIMA , nacido na UDC, resultou gañador do premio do Encontro. Como paso necesario para reforzar a ligazón coa contorna, esta vicerreitoría precisa fortalecer a comu- nicación cos propios axentes da Universidade. Así, ao longo de 2022 realizouse unha visita presencial aos diferentes centros, tanto para expor o que se está a facer na área de estudantado e de empregabilidade, como para escoitar as necesidades de cada un de- les. O intercambio de ideas resultou moi produtivo de cara a levar a cabo accións tanto a curto como a longo prazo. n PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS No ano 2022 realizáronse dúas ofertas de emprego público do PAS da UDC: – A publicada no DOG do 30-05-2022, como con- secuencia do necesario proceso de estabilización

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==