Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro
— XXIX — Introdución establecido na Lei 20/2021 de redución da tempo- ralidade no emprego público, en que se ofertou un total de 9 prazas que se convocaron no DOG 23- 12-2022, polo sistema de concurso, – E a publicada no DOG do 09-01-2023, en que figu- ran un total de 17 prazas polo sistema de acceso libre e 41 polo sistema de promoción interna. No DOG do día 25 de agosto publicouse a resolu- ción definitiva do concurso de traslados do persoal funcionario de administración e servizos. No texto inicial da propia resolución sinalouse como data de cesamento o 18-09-2022 e a seguir o inicio dos pra- zos posesorios. O 22-09-2022 rematou o innovador Programa de Mentoring , deseñado e realizado pola xefatura de Servizo de PAS. Este programa supón un avance máis para que o persoal que accede a un posto de traballo adquira no prazo máis breve posible os coñecementos que lle permitan desempeñar as súas novas tarefas. Entre os meses de outubro e decembro de 2022 pu- blicáronse no DOG os nomeamentos do persoal de novo ingreso dun total de 90 prazas correspondentes ás distintas escalas xerais ou técnicas do PAS da UDC e consecuencia do desenvolvemento dos procesos selectivos das ofertas públicas de emprego (OPE) dos anos 2016, 2017, 2018, estabilización e 2019. Tamén nos meses de xuño, outubro e novembro de 2022 se resolveron os procesos selectivos de promo- ción interna dun total de 47 prazas. Os procesos selectivos sinalados realizáronse grazas ao excelente labor realizado polos tribunais de selec- ción da UDC. O impacto desas mudanzas na condición e destino do persoal na organización (a gran maioría dos pos- tos da RPT) xestionouse co fundamental esforzo e a profesionalidade que amosou o persoal da UDC nes- te período. O día 7 de novembro asinouse o Acordo coa Xunta de Persoal de Administración e Servizos sobre mo- dificación das condicións de traballo do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña e do acordo de prestación de servizos na modalidade de teletraballo. Este acordo adaptou a xornada e o seu cumprimen- to á Resolución reitoral (aprobada polo Consello de Goberno do 03-11-2022) relativa ás medidas de aforro enerxético e redución do impacto medioam- biental de aplicación do artigo 30 do Real decreto-lei 14/2022, do 1 de agosto. n IGUALDADE A Oficina para a Igualdade de Xénero continuou co programa formativo en materia de igualdade, educación afectivo-sexual, diversidade e non-discri- minación para o alumnado . En colaboración co CU- FIE, ofertáronse 8 cursos con diferentes temáticas. Cinco dos cursos foron ofertados exclusivamente para o alumnado dos distintos graos de Ciencias da Educación e Ciencias do Deporte, así como para o alumnado do Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas, coa intención de reforzar a formación en igualdade do futuro profesorado. Aínda que a meirande parte dos cursos foron con docencia presencial, houbo algúns nos que se optou por modalidades de docencia mix- ta ou 100 % virtual. Dada a problemática que existe nos cursos optativos de formación en igualdade e prevención da violen- cia machista, onde se matriculan fundamentalmente mulleres, este curso realizáronse unha serie de pílu- las informativas de 1-2 horas para a sensibilización
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==