Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXX — memoria 2022 do alumnado dentro das aulas en horario de clase. Púxose especial atención na formación do alumnado en graos moi masculinizados, co fin de chegar a máis porcentaxe de mozos, e tamén nos cursos do grao en Comunicación Audiovisual. No caso do profesorado ofrecéronse 3 cursos con di- ferentes temáticas. Na súa programación incidiuse na formación enfocada á incorporación da perspectiva de xénero nas guías docentes das materias dos diferen- tes graos, na formación para a atención ás vítimas de acoso sexista e á formación no ámbito do tratamento da información nos medios sobre as violencias machis- tas. Así mesmo, un curso orientado a introdución da perspectiva de xénero na investigación, no que tamén podía participar alumnado de doutoramento. Co obxectivo de fomentar a inclusión da perspectiva de xénero nas materias das distintas titulacións que se imparten na Universidade da Coruña, este ano com- pletouse a colección de guías en galego para unha docencia con perspectiva de xénero con seis guías novas, traducindo e maquetando as guías xa editadas pola Xarxa Vives Universitat, sobre as especialidades de Arquitectura, Antropoloxía, Comunicación, Enxe- ñaría Industrial, Enfermaría e Matemáticas. Esta acti- vidade foi realizada en conxunto coas oficinas das tres universidades do SUG para acadar unha maior difusión e están a disposición da comunidade universitaria na páxina web da Oficina para a Igualdade de Xénero. A Oficina para a Igualdade de Xénero organizou a I Xornada sobre Submisión Química , que se des- envolveu o 31 de marzo do 2022 en formato en liña, como un foro no que reunir persoas expertas en dife- rentes temas relacionados con este tipo de violencias sexuais. Pode consultarse en: udctv. Respecto ás actividades de difusión , aproveitouse a xornada de benvida dirixida ao novo estudando para dar a coñecer a Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), así como para informar sobre os distintos ti- pos de acoso e a existencia dun protocolo contra o acoso da nosa universidade. Colocáronse dous pun- tos informativos, un por campus. Atendéronse a mais de 800 persoas (550 no campus da Coruña e 250 no campus de Ferrol) durante esta xornada. A Oficina xestionou diferentes consultas relaciona- das con situacións sexistas e/ou machistas e o pro- tocolo de acoso, e ofreceu asesoramento tanto a centros como a persoas. Así mesmo, está a traba- llar nun novo protocolo axustado á nova lei de con- vivencia universitaria. Como parte dese traballo de acompañamento para á actualización do protocolo de actuación da UDC ante situacións de violencia de xénero, violencias sexuais ou acoso e discriminación por razón de sexo, por orientación sexual e identi- dade ou expresión de xénero e poder elaborar un procedemento de atención ás violencias relaciona- das co xénero adaptado á realidade actual da UDC, que atenda á súa diversidade e á complexidade da comunidade universitaria, realizáronse unha serie de encontros participativos coa comunidade universi- taria, un co PAS, outro co PDI e dous co alumnado. O obxectivo fundamental destes encontros foi coñecer a percepción das violencias machistas no ámbito da UDC por parte da comunidade universitaria, recoller propostas no ámbito da sensibilización, prevención e actuación ante os casos de violencia de xénero e outras violencias machistas no contexto universitario e, tamén, recadar información respecto das necesi- dades da comunidade universitaria, en relación coa violencia de xénero e outras violencias machistas. Por último, aproveitouse para dar a coñecer a revi- sión do devandito protocolo e facer partícipe del á comunidade universitaria. Ademais, desenvolvéronse diferentes charlas nos dis- tintos campus e convocouse unha nova edición do concurso para premiar os mellores proxectos fin de grao ou fin de máster con perspectiva de xénero. Na décima edición dos Premios Ángeles Alvariño foron premiados dez traballos que destacaron pola súa ca-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==