Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXXI — Introdución lidade e orixinalidade, ademais da acertada metodo- loxía que se usou para incluír os aspectos de xénero en temáticas moi diferentes. Dentro do plan de comunicación do protocolo da UDC, fíxose un concurso de creacións artísticas para promovelo entre a comunidade universitaria. Este ano foi elixido un cartel que foi distribuído en todos os centros universitarios. En segundo lugar foi premiado un podcast, ao que se lle deu publicidade nas redes sociais e na páxina web da OIX. A entrega de premios realizouse no acto organizado polo 25 de novembro, onde as persoas premiadas salientaron os aspectos máis destacables dos seus proxectos. Publicouse o terceiro número do noso xornal DESLÍ- GATE . Coma en anos anteriores, trátase dunha cam- paña onde se simula un xornal deportivo, coa fina- lidade de mostrar novas sobre a muller no deporte tanto no que respecta aos logros deportivos, moitas veces invisibilizados, como no tocante ás situacións de violencia sexual e acoso que sofren neste ámbito. Pola súa banda, o CEXEF fixo diferentes actividades grazas a un convenio co Concello da Coruña. n CULTURA O 2022 supuxo en boa medida o retorno á normali- dade na programación cultural. Esta nova situación permitiu, por vez primeira desde 2020, a eliminación das restricións de límites de asistencia, o que sen dúbida facilitou tanto a programación como a par- ticipación do público en xeral. Foi un ano marcado pola abundancia de visitas nas exposicións acollidas en Normal, o éxito das actividades a elas asociadas, así como polo regreso do Festival de Teatro Univer- sitario da Coruña (FITEUC) que se desenvolveu no auditorio do Centro Ágora (A Coruña) os días 20 e 21 de abril, con grande afluencia de público. Respecto aos obradoiros volveuse completamente á presencialidade e estes contaron cunha ampla ma- trícula tanto por parte da comunidade universitaria como da cidadanía en xeral. A súa avaliación resultou tamén moi positiva. Houbo dúas convocatorias de obradoiros tanto no campus de Ferrol (Centro Cultu- ral Universitario) como no da Coruña (NORMAL. Es- pazo de Intervención Cultural). Recuperouse a actividade das aulas de Teatro e de Danza en ambos os campus, o que implica a pro- dución de pezas teatrais e de danza. Entre marzo e maio, e con carácter mensual, o Club de Lectura de NORMAL desenvolveu a súa actividade guiado pola poeta Estíbaliz Espinosa centrado en lecturas relacio- nadas coa natureza e ciencias como a astronomía. Dando continuidade ao acordo asinado coa Funda- ción María José Jove no ano 2021, en 2022 convo- couse a II Edición do Programa de Residencias Ar- tísticas NORMAL-FMJJ mais nesta ocasión, e dado o bo resultado do ano previo, convocáronse dúas re- sidencias en lugar dunha única. O obxectivo destas residencias, abertas a persoas de calquera naciona- lidade ou procedencia xeográfica vinculadas ás artes visuais, é afondar nas relacións entre creación artísti- ca, pensamento crítico e participación social. Houbo máis dun cento de solicitudes procedentes de todo o mundo. As persoas que acadaron a residencia foron: Fuentesal Arenillas, co proxecto “Terrazo”, e Berio Molina, co proxecto “dix[x]alfa” En NORMAL contouse con dúas exposicións . A pri- meira delas “Cabria para NORMAL” , de Diego Vites, e comisariada por Ángel Calvo desenvolveuse entre o 11 de marzo e o 10 de xuño. En paralelo á mostra des- envolvéronse actividades en diferentes formatos: re- creación de pezas musicais, intervencións de danza e movemento, visitas guiadas, charlas, publicacións de fotomontaxes coa que se agasallou as persoas asisten- tes á clausura. Esta exposición tivo unha ampla reper- cusión e difundiuse a través do programa ZigZag da

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==