Memoria 2022. Informe do Reitor ao claustro

— XXXII — memoria 2022 TVG da man da crítica de arte Ania González. A segun- da foi a exposición sobre “ A Galicia deseñada. Sím- bolos, marcas e identidades gráficas ”,comisariada por Cibrán Rico, Suso Vázquez e Marcos Dopico, des- envolveuse do 14 de outubro ao 13 xaneiro de 2023 e acadou un récord de visitas e de visitas guiadas (os comisarios realizaron un total de 24 visitas para diver- sos colectivos, entre eles todas as escolas de artes de Galicia). “A Galicia deseñada” supuxo un relato sobre a cultura e a historia do deseño galego, unha oportu- nidade para a celebración do deseño como ferramen- ta ao servizo da sociedade. Como actividades com- plementarias houbo varias charlas e coloquios arredor das temáticas abordadas na mostra. Tivo tamén reper- cusión mediática no ZigZag Diario. O Coro Universitario retomou a súa actividade e ta- mén se celebraron, con diversos espectáculos musi- cais, literarios e de artes escénicas, o Día Internacional da Danza, o Mes das Letras e o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. En Fe- rrol convocáronse varios roteiros culturais. Con motivo da celebración do Día das Letras Gale- gas, o 26 de maio proxectouse en NORMAL a curta A rosa incandescente, de Anxo García Fontes, que foi seguido dun coloquio. Desenvolvéronse en Ferrol diversos roteiros , que ti- veron un grande éxito, e celebrouse o Día da Danza . En concreto, na liña de apoio que NORMAL, como centro de intervención cultural amosou e amosa cara ás artes performativas, celebrouse coa pre-estrea da peza de danza contemporánea “Blues de medianoi- te”, de Alba Fernández Cotelo, realizada no exterior de NORMAL, e ao que seguiu unha sesión de DJ con Jas Processor para que a xente puidese celebralo bai- lando. A maiores, organizáronse outras actividades musicais, charlas e actos. Na celebración do ano de María Casares , para alén da presentación dunha publicación realizada baixo a responsabilidade do Servizo de Publicacións da nosa universidade, colocáronse nos diversos centros da UDC siluetas da actriz cun código QR que levan á información sobre esta figura senlleira a nivel inter- nacional no ámbito das artes escénicas e nacida na cidade da Coruña. n DIVULGACIÓN CIENTÍFICA A Unidade de Divulgación Científica da UDC (UDCC), en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) participa desde 2019 na edición en galego do calendario científico escolar do CSIC con 1 000 copias nesta lingua. Trátase dun proxecto da FECYT dirixido principalmente ao alumnado de edu- cación primaria e secundaria obrigatoria. No ano 2022 convócase a I edición do Certame Cóntame a túa Investigación coa finalidade de pro- mover entre o noso alumnado as habilidades de co- municación e divulgación da ciencia. Trátase de reali- zar un audiovisual en formato de monólogo científico de tres a cinco minutos en que se conte de forma divulgativa, atractiva e divertida o contido da súa in- vestigación. A UDCC participa no Concurso #HiloTesis 2022, unha iniciativa de ámbito estatal da RedDivulga de Crue Universidades Españolas para promover o des- envolvemento de habilidades de comunicación e di- vulgación científica de futuros ou recentes doutores. Realizouse unha fase galega deste concurso en cola- boración coas outras universidades públicas galegas. En conmemoración do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, organizouse a actividade Atré- vete a pescudar con elas! en que se xera un espazo que permita a interactuación das investigadoras co público presente e que trata de fomentar a visibilida- de das contribucións ao coñecemento das mulleres

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==