Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro
— XIII — Introdución Cumprindo o mandato estatutario, que establece que o reitor debe render contas ante o Claustro cunha memoria anual de xestión, presento nas páxinas que seguen a correspondente ao ano 2023. Como en oca- sións anteriores, xunto cos cadros que reflicten a acti- vidade da comunidade universitaria, incluímos un tex- to introdutorio, analítico e explicativo que pretende facilitar a contextualización dos datos aquí recollidos. n OFERTA ACADÉMICA Na actualidade, a Universidade da Coruña conta cun- ha oferta docente consolidada, actualizada e prepa- rada para dar resposta con garantía ás necesidades e aos requirimentos presentes e futuros, e para ter un papel decisivo na acción educativa e cultural que demande a sociedade. Un bo exemplo son as novas titulacións de grao, implantadas a partir do curso académico 2018-19, que destacan por ser pioneiras no SUG, polas competencias que lle outorgan ao estudantado, pola súa avanzada xestión académico- administrativa, polas metodoloxías que se empregan e pola súa vinculación aos campus de especialización da UDC. Por todo iso, e polas súas características di- ferenciadas, moitas das titulacións da UDC están a se converter nun referente educativo, tanto dentro do sistema universitario galego como a nivel estatal. No curso 2023-2024, ofertáronse 43 graos nas dife- rentes ramas de coñecemento, 7 programas de si- multaneidade e 2 graos abertos. Algunhas das titu- lacións que conforman o catálogo de graos da UDC son únicas no sistema universitario galego. A oferta de másteres universitarios une especialización, visión global e innovación. Trátase dunha oferta ampla e equilibrada, pois conta con 62 propostas, pertencen- tes a distintas ramas de coñecemento. Neste curso comezaron a se impartir 4 novos másteres interuniver- sitarios: Fabricación Aditiva, Patrimonio Cultural Dixi- tal, Xestión Sostible da Auga e Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica. Así mesmo, é importante salientar que a calidade dos másteres da UDC se viu novamente recoñecida pola concesión do selo de ex- celencia ao máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental, na cuarta convocatoria de Mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia. A concesión deste distintivo de calidade converte a UDC na universidade do SUG que máis selos ten até o momento, ao estar en posesión de oito dos doce selos outorgados. No que atinxe aos estudos de doutoramento, a UDC conta con 39 programas de doutoramento. Tanto a de- manda dos programas de doutoramento como a súa produtividade mostran a estabilidade destes estudos. Así, a matrícula total e o número de teses defendidas son moi similares desde hai tres cursos académicos, cunha matrícula que supera os 1 200 estudantes (1 260 no curso 2023-2024) e máis dun centenar de teses de- fendidas cada ano (109 no curso 2022-2023). O grao de internacionalización dos estudos de doutoramento seguiu a ser importante, pois 44 teses recibiron a men- ción internacional. A esta internacionalización contri- buíu en gran medida o programa inMOTION —o programa INDITEX-UDC de axudas á mobilidade dos estudantes de doutoramento que distingue a UDC de moitas outras universidades— que en 2023 beneficiou 25 estudantes. Cómpre destacar que INDITEX acep- tou incrementar en 30 000 euros a achega anual a este programa a partir de 2024, por tanto, a súa contía será
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==