Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XIV — memoria 2023 de 130 000 euros anuais. Outra das actividades que se levou a cabo no ano 2023 foi a redacción dun novo Regulamento de estudos de doutoramento, adaptado ao Real decreto 576/2023, aprobado a finais de xullo de 2023, que modifica considerablemente a regula- ción sobre as ensinanzas oficiais de doutoramento en vigor desde 2011. A elaboración do novo regulamen- to coordinouse coas outras universidades do SUG co fin de ter un marco regulamentario homoxéneo, que facilite a xestión dos numerosos programas de douto- ramento interuniversitario. Canto á evolución da matrícula nas diferentes titu- lacións da UDC mantívose en cifras similares ás do último curso. O número de estudantes de grao ex- perimentou un ascenso ao pasar de 13 578 matricu- lados/as no curso 2022-2023 a 13 746 no 2023-2024. O número de estudantes de másteres sufriu un leve descenso, ao se matricular 32 estudantes menos que no curso pasado. Non obstante, cómpre lembrar a tendencia de crecemento ininterrompida dos últimos anos, que levou a un incremento da matrícula nes- tes estudos superior ao 50 %, respecto ao número de matriculados no curso 2014-2015. Estamos, pois, nunha fase de consolidación da es- trutura completa das titulacións. O desenvolvemen- to pleno desta nova estrutura fai necesaria a avalia- ción continua do impacto das novas actividades. Como consecuencia desta avaliación realizáronse distintas reformas das normativas académicas para as adaptar ás necesidades organizativas e de recursos dos centros, e aos distintos cambios normativos da lexislación estatal e autonómica. A propósito destes últimos, cabe salientar o esforzo que está a supor a adaptación ao Real decreto 822/2021, do 28 de se- tembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de ase- guramento da súa calidade. Ademais, estase a poñer en marcha un novo software de xestión académica, SIGMA Academic. Despois de levar a cabo, durante o curso 2021-22, o preproxecto de implantación, no curso 2022-2023 comezouse a implantación do soft- ware nos procesos necesarios durante o ciclo de vida dos másteres universitarios, así como dos títulos pro- pios da UDC. Implantáronse con éxito procesos de preinscrición, matrícula, expedientes, actas etc., que afectaron a varios servizos da UDC así como a equi- pos directivos das diferentes facultades e escolas e á comunidade universitaria no seu conxunto. Nos próxi- mos cursos completarase a implantación nos ciclos de vida dos graos e doutoramentos. Todos os títulos propios foron adaptados ao novo Regulamento de estudos propios, aprobado na se- sión do Consello de Goberno de 20 de decembro de 2022. Así mesmo, ofertáronse por primeira vez microcredenciais. A exitosa experiencia de “Espa- zo Compartido” viu adecuadamente recoñecidas as súas particularidades como curso de formación es- pecífica para persoas con diversidade funcional. Este ano tamén se aprobou o Regulamento de traballos fin de estudos dos títulos propios de posgrao, apli- cable aos másteres de formación permanente, diplo- mas de especialización e de experto. A finalización do proceso de implantación de SIGMA permitiu, por unha banda, axilizar a xestión académica, económica e administrativa destes estudos e facilitar o segui- mento da súa calidade e, por outra, a integración au- tomática das materias dos estudos propios no novo Moodle udconline. Cómpre dicir que se realizou unha posta ao día da páxina web da UEP con infor- mación actualizada e máis accesible para estudantes e coordinadores/as de estudos. Outra das novidades de 2023 foi que o pleno do Consello Social apro- bou a actualización dos prezos públicos dos títulos propios. Tamén se finalizou a elaboración do Sistema Interno de Garantía de Calidade para a Unidade de Estudos Propios, que será remitido á ACSUG, tras a súa aprobación na primeira sesión da Comisión de Estudos Propios de 2024. Canto á área de calidade, estívose a traballar na nova aplicación informática para a xestión dos Sis-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==