Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XV — Introdución temas de Garantía de Calidade (SGC) dos centros e na revisión da adaptación da documentación dos SGC que estes están a realizar (13 centros). Desde a Unidade Técnica de Calidade déuselle apoio aos centros, á Unidade de Estudos Propios e á Escola Internacional de Doutoramento nos procesos de deseño, renovación da certificación da implantación e modificación dos SGC. Tamén recibiron asesora- mento e apoio para elaborar o autoinforme e recom- pilar as evidencias e os indicadores para desenvolver os procesos de seguimento anual de títulos e de re- novación da acreditación, que se lle envían á AC- SUG. Revisáronse 10 autoinformes de seguimento (4 graos, 4 másteres e 2 programas de doutoramento) e 7 autoinformes de renovación de acreditación. Así mesmo, proporcionóuselles asesoramento na elabo- ración das accións de mellora e alegacións para dar resposta aos informes provisionais da ACSUG de se- guimento anual e de renovación da acreditación. No ano 2023, publicouse a XII Convocatoria do Progra- ma Docentia. Avaliáronse un total de 95 docentes. Cabe facer unha valoración positiva dos resultados das valoracións finais acadadas, pois un 49,47 % ob- tivo unha valoración de desempeño excelente (16 profesores/as recibiron un certificado de excelencia) e un 50,53 %, de desempeño notable. Durante este curso, o Centro Universitario de For- mación e Innovación Educativa (CUFIE) apostou pola formación permanente do profesorado e do estudan- tado da UDC a través dos diferentes plans formati- vos que oferta e que permiten realizar boa parte da formación en formato virtual síncrono ou asíncrono. No que se refire á innovación, o CUFIE xunto coa OCV publicou unha nova convocatoria de proxectos de Aprendizaxe e Servizo, que deu como resultado a certificación de 52 proxectos. Isto supón un incre- mento de 21 proxectos con respecto ao curso 2021- 22. Ao abeiro da nova Normativa de constitución e recoñecemento de grupos de innovación docente (GID), que persegue unha avaliación máis obxectiva e baseada en evidencias, resolveuse a convocatoria de 2022, a que se presentaran 74 GID, cun total de 594 integrantes rexistrados. Tras a avaliación por par- te da Comisión Asesora de Innovación Docente, 70 GID obtiveron a categoría de “consolidados” e 4 a de “en vías de consolidación”. Trátase dun resulta- do moi positivo, pois mostra o importante grao de compromiso coa innovación docente do profesora- do da UDC. Tamén no curso 2022-2023 se puxo en marcha a plataforma de formación en aberto UDCA- berta (https://udcaberta.udc.gal/) a través da que se impartiron 3 cursos MOOC, en que se inscribiron 469 persoas, procedentes de 25 países diferentes. No curso académico 2023-2024, na Universidade Sé- nior matriculáronse 901 persoas: 579 no campus da Coruña e 322 no de Ferrol. Cómpre destacar a súa ampla oferta formativa, que incluíu programas de grao e formación específica para egresados, e acti- vidades complementarias a través de ciclos de con- ferencias, seminarios e obradoiros. Nos programas de Graduado Sénior na Coruña e Ferrol ofertáronse 20 e 17 materias respectivamente; nos de Formación Específica para Graduados/as na Coruña e Ferrol, 9 materias. A diversidade desta oferta permitiulle ao estudantado acceder a un amplo abano de áreas de coñecemento para enriquecer a súa formación e pro- mover unha aprendizaxe integral. Ademais, a Univer- sidade Sénior reforzou o seu compromiso co Proxecto de democratización do coñecemento ao incorporar o concello de Carballo, que se vén sumar aos de Zas, Betanzos, As Pontes, Ortigueira e Arteixo. Desde o seu inicio en 2018, este proxecto alcanzou xa as 21 edicións e nel participaron 697 persoas. n INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA Durante o ano 2023 a Investigación e Transferencia na UDC seguiu a destacar polo fortalecemento dos grupos e os centros de investigación, cunha clara aposta pola captación de talento. O ano estivo mar-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==