Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro
— XVI — memoria 2023 cado pola preparación para a avaliación dos centros de investigación á convocatoria autonómica de cen- tros CIGUS. A captación de recursos externos para a investigación durante o ano 2023 ascendeu a 14,7 millóns de eu- ros. Esta captación de recursos é similar a de anos anteriores, se ben en 2023 non houbo convocatoria para infraestruturas do Ministerio, o que determina a redución en comparación co ano 2022. A estas axudas debémoslle engadir un total de 2,35 millóns conseguidos na convocatoria de consolida- ción de grupos de investigación da Xunta de Galicia, que se repartiron en 4 grupos de referencia competi- tiva e 7 novos grupos de potencial crecemento, ade- mais de resaltar 5 novos proxectos na modalidade de traxectoria excelente. Neste ano 2023 tamén se asinaron 248 contratos con empresas, cun importe total de 5,98 millóns de euros, o que é tamén un máximo histórico para a UDC. A maioría, 167 contratos, foron xestionados pola Fun- dación da UDC (FUAC). Ademais, presentáronse un total de 16 patentes e 20 rexistros de Software. Estas cifras de crecemento en proxectos pódense ver representadas, cando se analizan, pola contribución propia dos nosos centros de investigación. Como se pode observar, en todos se están a dar aumentos en proxectos competitivos. Así conseguiron 9,2 millóns de euros en proxectos por investigadores/as adscritos ao CITIC, 2,97 corresponden ao CITEEC, 2,3 ao CICA e 2,72 correspondentes ao CITENI. Con respecto á captación de talento, cabe destacar a cifra de 60 novos investigadores/as en convocatorias competitivas, en que destaca a incorporación de 7 novos investigadores da convocatoria Ramón y Cajal. Neste apartado reverteuse a brecha de xénero, cun total de 29 homes fronte a 31 mulleres. Cabe sinalar tamén que a UDC logrou a captación de 2 novos in- vestigadores da convocatoria ERC na modalidade de Consolidator. No ano 2023 conseguiuse un fito no número de se- xenios de investigación, cun total de 888 tramos ava- liados positivamente. Aquí si existe unha brecha de xénero xa que a distribución destes sexenios é de 507 homes e 381 mulleres. No relativo a transferencia cabe destacar que se crea- ron 2 novas spin-off e que a cantidade dos ingresos por licenzas de tecnoloxías ou coñecemento xerado na UDC foi de 126 349 €. No que respecta ás publicación científicas, a cifra no ano 2023 foi de 1 115 artigos, dos que 1 090 corres- ponden a artigos JCR. Estes datos son moi similares aos do 2022. Por outra banda, durante o 2023 púxose en marcha a Oficina de Captación e Retención de Talento e con- seguiuse unha axuda competitiva do ministerio para a dotación desta nova oficina cun total de 142 000 €. n ECONOMÍA E PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA A UDC presenta un orzamento para o ano 2023 de 168,44 millóns de euros (168 442 809,17 €) o que su- pón un incremento nominal dun 13,87 % con respec- to ao ano 2022. O incremento de gastos de persoal foi do 6,52 % (110,61 millóns de euros fronte a 103,84 millóns de euros do ano anterior). A razón deste incremento veu motivada porque a finais do ano 2021 non se aproba- ra o incremento retributivo do 2,5 % para o ano 2022. Este incremento produciuse en febreiro de 2022. Pos- teriormente, houbo outro incremento retributivo do 1,5 % aprobado en outubro do mesmo ano, o cal tivo por obxectivo reducir o impacto causado pola infla-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==