Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XVII — Introdución ción. O gasto corrente, que supón un 11,84 %, in- crementouse un 6,85 %, motivado polo incremento xeneralizado dos prezos, nomeadamente a inflación. As transferencias correntes ascenden a 5,14 millóns de euros, que representa un 3,05 % e se incremen- tan un 10,03 %. No apartado dos investimentos reais existe un incremento do gasto do 59,59 % e alcan- za unha contía de 31,91 millóns de euros –co efecto arredondamento– o que representa un 18,95 %. Os incrementos veñen motivados polos proxectos Next Generation e pola consecución dunha maior contía de fondos procedentes de convenios de I+D+i, prin- cipalmente no eido autonómico. No que se refire aos ingresos, o capítulo III acada un valor de 17,97 millóns de euros, o cal é moi similar ao do ano anterior, o que supón un incremento do 5,62 %. A principal fonte de financiamento da UDC son as transferencias correntes. Para o conxunto do capítulo IV –que representa un 61,96 %– hai un incre- mento con respecto ao ano 2022 dun 0,98 %, ao pa- sar de 103,35 millóns de euros a 104,362 millóns de euros. As transferencias por capital experimentan un incremento dun 26,88 %, ao pasaren de 26,71 millóns de euros no ano 2022 a 45,28 millóns de euros no ano 2023. De novo pódese comprobar o incremento dos investimentos procedentes de fondos NGEU e de convenios autonómicos co foco na I+D+i. O activo financeiro (0,50 millóns de euros) diminúe un 3,70 %, mais non é significativo no conxunto, xa que só repre- senta un 0,30 %. Igualmente, os ingresos patrimoniais teñen un peso do 0,20 %, os cales non experimentan variación. n ORZAMENTO A liquidación do orzamento do exercicio 2022 apro- bouse no Consello de Goberno en xullo de 2023. Fíxose a auditoría e posteriormente foi aprobada polo Consello Social. As principais conclusións da liquidación orzamentaria pódense concretar sinteticamente. A execución total de 2022 acada o 82,47 % (84,77 % en 2021). Os pagamentos realizados situáronse no 96,11 %, experimentando un incremento con res- pecto ao ano 2021, no que a porcentaxe de pagos no exercicio foi dun 95,43 %. Isto segue a supor un bo grao de cumprimento cos provedores. A relación de dereitos recoñecidos netos e obrigas recoñecidas presenta un saldo positivo de 2,21 millóns de euros. A recadación neta continuou a mellorar pasando de 131,10 millóns de euros en 2021 a 151,18 millóns de euros en 2022. A análise por diferentes capítulos de gasto e ingresos pódese resumir como segue. No caso das transferencias correntes a cifra foi in- ferior ao previsto (99,777 millóns de euros fronte a 103,352 millóns de euros) debido a que parte das transferencias que ían ser correntes se contabiliza- ron como transferencias de capital. No caso dos in- gresos patrimoniais estivo a piques de se acadar o ingreso previsto e xa se recuperou case o nivel pre- vio á crise sanitaria (0,305 millóns fronte a 0,330 mi- llóns de euros). Deste xeito comezaron a se celebrar eventos en recintos da Universidade (Reitoría, Para- ninfo, salóns, etc.) con normalidade, polo que se co- bran tarifas de uso. Por esta razón, a previsión inicial de 0,330 millóns estivo a piques de se cumprir, polo que se acadou un nivel preto dos 0,306 millóns de euros. No que se refire ás transferencias de capital os dereitos recoñecidos ascenden a 42,526 millóns de euros. No caso dos gastos, con respecto aos gastos de per- soal chegou aos 105,41 millóns de euros, mentres que o capítulo 2 acadou os 16,44 millóns de euros. Os gastos financeiros acadaron unha contía de 0,040 millóns de euros, se ben este dato en termos absolu- tos non é significativo. O pasivo financeiro acadou os 0,22 millóns de euros, o que representa a contía máis reducida dos últimos anos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==