Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XVIII — memoria 2023 n PROFESORADO No ano 2023 mantívose a tendencia nas políticas de acceso e promoción do persoal docente e investiga- dor da UDC, sempre condicionadas polo marco eco- nómico. Dunha parte, acadouse novamente o obxec- tivo de garantir que todo o profesorado interino de substitución que cobre docencia estrutural tivese a po- sibilidade de entrar na carreira académica mediante a creación do número necesario de prazas de axudante doutor/a, tendo en conta non só as necesidades ac- tuais de reposición, senón as futuras. E doutra parte, mantívose a oferta de prazas de titular de universida- de e de profesor/a permanente laboral para permitir a funcionarización ou estabilización do profesorado axudante doutor acreditado antes dos últimos anos de contrato. Ademais, mantívose a garantía do programa de retención e captación de talento, para permitir a estabilización dos/as investigadores/as captados me- diante convocatorias de excelencia. A Oferta de Emprego Público (OEP 2023) do persoal docente e investigador da UDC acadou as 74 pra- zas. Logo da negociación e o acordo cos órganos de representación do PDI, o Consello de Goberno, reunido o 27 de febreiro de 2023, destinou 29 das prazas ao corpo de profesorado titular de univer- sidade e 34 prazas foron para a nova categoría de profesorado permanente laboral que substitúe a de contratado doutor. Finalmente, inclúense 11 prazas de catedrático/a de universidade polo procedemen- to de promoción interna. En aplicación do disposto na LOSU, 6 prazas de profesor/a permanente laboral e 4 de titular de universidade (15 % do total) reser- váronse para incorporar persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtive- se o certificado I3/R3. Estas prazas pódense ofertar para incorporar investigadores/as doutros programas de excelencia con acceso á dita certificación. A OEP reservou igualmente 4 prazas para persoas con dis- capacidade. A execución da OEP, tras a convocatoria para estable- cer a correspondente prelación para a convocatoria de prazas, supuxo en 2023 a aprobación por parte do Consello de Goberno de 58 prazas de profesora- do permanente: 10 de catedrático/a de universida- de, 24 de profesor/a titular de universidade e 24 de profesor/a permanente laboral, o que permitiu a es- tabilización de 28 profesores/as axudantes doutores/ as, 4 investigadores/as de programas de excelencia, e 2 máis do programa Beatríz Galindo, así como a captación dunha nova investigadora mediante unha praza vinculada ao SERGAS. Unha destas prazas co- rresponde á reserva para a captación de persoas con discapacidade. Os aspectos económicos relativos ao mantemento da masa salarial constitúen a principal dificultade da nosa política de profesorado, e non mudaron nin coa aprobación do novo Plan de financiamento das uni- versidades do SUG nin coa aprobación da nova Lei de universidades. O incremento anual de trienios e quinquenios correspondentes ao crecemento vexe- tativo do cadro de persoal, de complementos auto- nómicos e de sexenios de investigación supón que nos situemos no límite dos custos de persoal que fixan as leis de orzamentos para a UDC. Os recursos para financiar os importes correspondentes a estes conceptos, así como as contías das prazas para man- ter as figuras recollidas no II Convenio colectivo la- boral con compromiso de estabilización e das prazas para facer fronte a necesidades urxentes e inapraza- bles son moi limitados e proceden basicamente das xubilacións. Ademais dos acordos acadados para a aprobación e execución da oferta pública de emprego, destacan as seguintes medidas: –– Coa publicación da Lei 20/2021, do 28 de decem- bro, tendente á redución da temporalidade no em- prego público, a UDC garantiu un anomáis que todo

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==