Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro
— XIX — Introdución o profesorado contratado interino de substitución que sexa estrutural e que conte cunha acreditación poida optar a unha praza de axudante doutor. En 2023 incrementáronse a 58 as prazas de profesor/a axudante doutor/a, das que 3 corresponderon á re- serva para persoas con discapacidade. –– En 2023 convocáronse 142 concursos corres- pondentes a outras figuras de profesorado labo- ral: 42 de profesor/a asociado/a, 2 de profesor/a asociado/a de Ciencias da Saúde (vinculadas), 2 de contratado/a interino/a de substitución (figura en extinción) e 96 de profesor/a substituto/a, de acor- do co disposto pola LOSU. –– 4 profesores/as titulares de escola universitaria adaptáronse á figura de titular de universidade e un profesor colaborador á de permanente laboral, de acordo co disposto pola LOSU. –– Nomeáronse 5 profesores eméritos e 6 profesores honorarios no ano 2023. –– O 26 de xaneiro de 2023, o Consello de Goberno aprobou a RPT do PDI da UDC do 31 de decembro de 2022. n INTERNACIONALIZACIÓN No relativo aos programas de mobilidade interna- cional de estudos e persoal a través do programa Erasmus 2021-2027, realizáronse mobilidades a paí- ses non recollidos nas accións 131 e 171 grazas á denominada «dimensión internacional» do dito pro- grama. Con respecto a esta última, relativa á mobi- lidade con países asociados de fóra da UE, no ano 2023 aumentamos os países participantes ao afian- zar a zona xeográfica dos Balcáns Occidentais e os países de veciñanza do leste como Ucraína. Como novidade, coa intención de ampliar as áreas xeográ- ficas solicitamos e concedéronnos fondos para África Subsahariana e para Asia, en concreto Cabo Verde e Bangladesh. É preciso recordar que a acción 171 está principalmente encamiñada á accións de cooperación ao desenvolvemento. No programa SICUE de mobilidade entre universida- des españolas seguimos a asinar, renovar e aumen- tar o número de áreas nos convenios existentes con todas as universidades públicas e algunhas privadas. A captación de fondos e a presenza da UDC en alian- zas estratéxicas internacionais segue medrando a través da participación en proxectos do programa Erasmus+, tanto como institución coordinadora como participante. A colaboración iniciada neste sentido cos campus de especialización e en concreto co Cam- pus Industrial de Ferrol, facilita o aumento progresivo de solicitudes. Dentro do programa Universidades Europeas , a UDC asinou en 2023 un convenio de participación na alian- za de universidades EMERGE xunto con 8 universi- dades de Irlanda, Francia, Alemaña, Grecia, Chipre, Eslovaquia e Noruega. Canto á docencia en inglés nos nosos títulos, esta mantívose estable no último ano. Debemos salientar que seguimos a ser referente no SUG neste aspecto. Dentro das actividades de promoción internacional destacan a asistencia a eventos de networking , se- sións de cooperación transnacional organizadas pola EU e feiras do sector (EAIE), en que se fomenta a co- laboración con outras universidades e se visibilizan os fitos conseguidos pola UDC. A promoción e a visibili- zación da UDC complétase coa organización anual da Staff Week que atrae persoal de todo o mundo, non só para a aprendizaxe da lingua española e a cultura galega, senón tamén a demostración das capacida-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==