Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XX — memoria 2023 des da universidade. Algo similar sucede coa Inter- national Summer School , unha ventá aberta da UDC cara ao mundo que incrementa o número de estudan- tado e profesorado que participa anualmente. A nova convocatoria das Axudas á Internacionalza- ción foi un dos eixes fundamentais da promoción internacional, coas súas accións para potenciar o es- tablecemento de titulacións duplas ou conxuntas, a participación en proxectos europeos, a organización de escolas de verán, a colaboración estable para pro- gramas de docencia en inglés e a acción estrela, as axudas para docencia en América Central e do Sur como área estratéxica. No campo da internacionalización na casa, en 2023 destaca a participación e a organización dun BIP ( Blended Intensive Program ), financiado polo pro- grama Erasmus, e o aumento das iniciativas COIL, programas de aprendizaxe colaborativa en liña. Ade- mais, neste campo seguen a publicarse as convoca- torias de profesorado visitante de fala inglesa e as convocatorias de competencias lingüísticas en idio- mas estranxeiros impartidos polo Centro de Linguas. Incrementouse, así mesmo, a oferta de cursos para fins específicos en inglés. Despois da parada causada pola pandemia retomáronse os cursos presenciais de español para alumnado estranxeiros. n INFRAESTRUTURAS E SUSTENTABILIDADE A UDC continuou no ano 2023 coa súa aposta de fu- turo pola sustentabilidade e levou a cabo importantes e destacables accións relacionadas co aforro e a efi- ciencia enerxética. Nesta esencial liña de traballo, este ano preparouse a licitación para once das subvencións do Instituto da Enerxía de Galicia (INEGA) con fondos MRR (Meca- nismo Europeo de Recuperación e Resiliencia) 2021- 2024, dentro da iniciativa europea Next Generation, en relación con once instalacións fotovoltaicas para outros tantos centros universitarios. As novas instalacións, que estarán en funcionamento a mediados do ano 2024, proporcionarán un impor- tante aforro enerxético, trátase dunha aposta polo autoconsumo de enerxía alternativa e próxima. Pro- ducirase un aforro na emisión de CO 2 , peza clave na loita contra o cambio climático, e tamén un aforro económico notable. Realizáronse obras para a reposición completa das cubertas do Pavillón de Estudantes de Elviña, LERD, e do Pavillón 2 da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, INEF, ambas con relevante im- plementación de illamento térmico. A plataforma informática propia da UDC segue a cre- cer, incorporando datos procedentes dos diferentes centros da nosa universidade, vinculados ao consu- mo de electricidade, gas, auga e xeración térmica. Recóllense tamén datos referentes á ocupación de espazos, temperatura, humidade, calidade do aire e concentración de radon. Dentro da programación da creación de novos es- pazos para a docencia e a investigación licitouse e contratouse a redacción do proxecto básico e de execución para o Edificio de Investigación e Innova- ción na Industria (EI3). O edificio servirá para ampliar o campus de Ferrol e potenciar as súas capacidades investigadoras. No edificio do CITIC realizáronse as obras de amplia- ción para la implementación de dos novos laborato- rios multiuso e o acondicionamento dunha zona de comedor-estancia de lecer. Así mesmo licitouse a redacción do proxecto básico e de execución para o novo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==