Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XXI — Introdución (CITIC) da Cidade das TIC da Universidade da Coruña. Por outra banda, dentro do Convenio UDC-Concello Coruña, plantáronse de 60 “quercus robur” no entor- no da Facultade de Informática, e outros tantos ár- bores de especies variadas enchendo os lugares dos que desapareceran, para incrementar os lugares agra- dables e saudables nos nosos campus. Instaláronse catro estacionamentos seguros de bici- cletas no campus Elviña-Zapateira, resultado tamén da xestión co Concello de Coruña. — Avances na Cidade das TIC Inaugurouse en outubro de 2023 o Centro de Servi- zos Avanzados (CSA), o primeiro edificio da Cidade das TIC. En novembro o fixo o Galaxy Lab do Institu- to Tecnolóxico de Galicia. No ano 2023 contratouse o proxecto de mellora de accesos e dotación de subministracións básicas para a súa posta en funcionamento inicial, financiado con fondos procedentes dun convenio co Concello da Coruña. A obra finalizará na primeira metade deste ano. A Deputación da Coruña sacou a concurso o proxecto dun edificio de nova planta para estudio virtual con tecnoloxía emerxente e punteira en produción audio- visual. Durante 2023 tamén licitou e contratou a obra que xa comezou. — Medio ambiente A Oficina de Medio Ambiente (OMA), dependen- te da Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabili- dade, continúa as súas actividades con moito éxito, como o curso “Campus, Casa e Cidade: Laboratorios do Cambio”, dentro do proxecto “Educando para a Sustentabilidade”. Este ano realizouse unha primeira experiencia dun mercadillo de troco e pasos para a creación dunha rede UDC de intercambio de bens e obxectos. Tamén continuou o programa Green Campus, en que participan xa case todos os centros docentes da UDC. Este ano 2023 incorporouse un centro ao programa e foron avaliados positivamente 5 centros, un novo e catro renovacións da Bandeira Verde. Por outra parte, mantivéronse as actividades relacio- nadas coa protección da biodiversidade, como a xes- tión do monte da Fraga, a caracterización de residuos e o mantemento dos puntos de compostaxe, as cam- pañas de aforro de auga, enerxía e papel, o uso da bicicleta, a xestión das hortas urbanas comunitarias de Elviña... No ano 2023 presentouse o roteiro interpretativo do Monte da Fraga a candidatura Sendero Azul e foi ga- lardoado coa Bandeira Azul. No eido da mobilidade sustentable en 2023 mantívo- se o programa de préstamo de bicicletas ordinarias, pregábeis e eléctricas e realizáronse actividades for- mativas no uso da bicicleta e accesos campus-cidade. Tamén tiveron continuación outras actividades como os premio UDC en materia de sustentabilidade e eco- nomía circular para TFG e TFM, este ano co apoio do programa de Responsabilidade Social Corporativa “We Sea” de Conservas Rianxeira. Todo o traballo realizado estase vendo reflectido nos resultados obtidos pola UDC no Ranking GreenMe- tric: na publicación do 6 de decembro de 2023 segui- mos a ocupar a quinta posición entre as 29 universi- dades españolas avaliadas. No ámbito internacional, a nosa universidade atópase na posición 110 das 1183 universidades estudadas, o que a sitúa no 10 % das universidades líderes no mundo e a primeira do Sistema Universitario Galego.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==