Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XXII — memoria 2023 n ALUMNADO A Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empre- gabilidade, co apoio das distintas vicerreitorías, man- tivo ao longo do ano 2023 unha interlocución aberta e permanente co estudantado da UDC a través dos seus representantes, e co conxunto do alumnado, para coñecer de primeira man as circunstancias que lles estaban afectando e potenciar a participación en representación estudiantil. Desde esta vicerreitoría publicáronse 14 convocato- rias de bolsas, axudas e premios para o estudantado, en que se puxo especial atención nas financiadas con fondos propios da UDC para que ninguén quede fóra da Universidade por problemas económicos. Investí- ronse máis de 2 500 000 € en convocatorias propias: prazas de aloxamento nas residencias universitarias da Coruña e Ferrol, axudas ao transporte urbano e me- tropolitano (bono-bus), bolsas comedor, axudas para o alumnado en situación de dificultades económicas, Premios Excelencia UDC á mellor nota de admisión nos graos, axudas para os gañadores de Olimpíadas Científicas, bolsas Santander Progreso, bolsas de co- laboración en departamentos e formación comple- mentaria e bolsas para estudos de másteres univer- sitarios oficiais. Ademais, desde o curso 2019-2020 estableceuse unha liña de axuda dirixida a estudantes con problemas de conectividade que se segue man- tendo pola súa boa acollida. No curso 2022-2023, un total de 12 estudantes recibiron en préstamo un or- denador portátil e no curso 2023-2024, ampliouse a 23 estudantes. É de salientar que, grazas á Convocatoria de axudas de dificultades económicas, 91 alumnos/as percibiron un total de 61 113,92 € e viron aliviada a súa delicada situación económica, xa que doutro xeito non pode- rían continuar os seus estudos. Das 8 969 solicitudes tramitadas de bolsas do Ministerio de Educación fó- ronlle concedidas 4 813 bolsas ao noso alumnado. Hai que destacar que para os cursos 2022-2023 e 2023- 2024 se asinou un convenio co Concello da Coruña para ofrecer unha tarifa plana universal para o alumna- do dos campus de Coruña, para o que se estableceu na tarxeta Millenium o perfil de estudante universitario. Coa finalidade de dar a coñecer a oferta formativa, os recursos e as posibilidades para o desenvolvemento dunha vida universitaria rica en experiencias, a Vice- rreitoría de Estudantes, Participación e Empregabili- dade organizou en colaboración co Concello da Co- ruña as XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional 2023 (XOUP), que se desenvolveron na ETS Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, en que houbo 3 640 inscricións ás actividades programadas. Mais de 50 persoas relatoras impartiron charlas de to- das as titulacións de grao que oferta a UDC. O Servi- zo de Estudantes deulles soporte ás XOUP e atendeu as consultas do futuro estudante asistente no Punto de Información Permanente. Tamén participaron nes- tas Xornadas as asociacións estudantís AETOG, BIG- BANG, CUACFM, ESN e FETSAC que interactuaron co alumnado. Ademais, ofrecéronse máis de cen actividades de di- vulgación científica para o alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional. Por petición dos centros, no curso 2022/2023, un total de 70 docentes impartiron 134 charlas e obradoiros en liña ou pre- senciais. Completamos as actividades de difusión cunha xun- tanza híbrida cos orientadores e orientadoras escola- res de Galicia, Asturias e León para dar a coñecer a oferta académica e as actividades de divulgación da UDC e toda a información relativa á ABAU. Preto de 200 orientadores se inscribiron nesta xornada que se realizou no CITIC coa posterior visita ás instalacións. É de destacar que na páxina web de Futuros Estudantes se creou un apartado específico para os Departamen- tos de Orientación, en que proporcionamos informa-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==